Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A feira de Verín acolle maña unha dramatización dun cantar de cego
A feira de Verín acolle maña unha dramatización dun cantar de cego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Novembro 2017 15:07

Maña venres, a partir das 10:30 horas, Luís Correa ”O Caruncho”, no papel de cego; e Chus Igrexas, como lazarilla, percorrerán a rúa Lisa interpretando unha dramatización dun cantar de cego. Os actores, coincidindo co día de feira, representarán tres cantigas acompañados dun “roller” ilustrado por Luís Davila “O Bichero”.

Esta iniciativa -promovida pola Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Verín ten a finalidade de dar a coñecer a exposición “Un Tesouro en Sete Cantigas”, coa que chegou a Vigo o Pergamiño Vindel (manuscrito que recolle as cantigas musicadas polo trobador vigués Martín Codax), propiedade da Morgan Library & New York Museum .


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac