Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CONCELLO DE VERÍN OFERTA CONTRATOS ADMINISTRATIVOS PARA MÚSICOS TRADICIONAIS (GAITEIRO E PERCUSIONISTA)
O CONCELLO DE VERÍN OFERTA CONTRATOS ADMINISTRATIVOS PARA MÚSICOS TRADICIONAIS (GAITEIRO E PERCUSIONISTA) PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Novembro 2017 16:54

O Concello de Verín abriu o prazo de propostas para dous contratos administrativos de músicos tradicionais. Un contrato de servizos é para un posto de profesor/a de gaita, gaiteiro/a e director/a de banda de gaitas. Outro dos contratos admistrativos é para un posto de profesor/a de percusión tradicional, redobrante e director/a de corpo de percusión de banda de gaitas.

Para coñecer os requirimentos imprescindíbeis (experiencia e/ou formación), a dedicación mínima en horas de actividade que se demanda e o importe máximo da proposta económica, a dispoñibilidade que se pide ou a vixencia do contrato, entre outros requisitos contratuais, as persoas interesadas poden dirixirse ao Negociado de Cultura do Concello de Verín (1º andar da Casa do Concello), a través dos teléfonos 988 41 00 00/1 ou 988 41 03 34, ou do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

En ambos os dous contratos, os contratistas poden propor melloras que poidan ser de interese para o contratante na redacción do contrato de servizos que pretenden asinar.

As propostas presentaranse até as 13:30 h do venres día 10 de novembro no Rexistro Xeral de Entrada (Casa  Consistorial, planta baixa).



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac