Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Festival Internacional de Curtas de Verín xa ten cartel ilustrador
O Festival Internacional de Curtas de Verín xa ten cartel ilustrador PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 Novembro 2017 21:10

O Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín 2017 xa conta con cartel ilustrador. O xurado do concurso convocado para escoller a imaxe gráfica do certame elixiu, de entre as 25 propostas que se presentaron, a do navarro Iñaki Fernández Iturmendi. Trátase dun cartaz que amosa, na parte central da imaxe, un chocallo humanizado e ataviado coas lentes que se empregan para ver cinema en 3D e que, en lugar de soga, é atravesado polo negativo dun filme.v

En opinión de Jorge Godás, responsable do departamento de Creatividade do FIC, “a orixinal idea gráfica de Fernández Iturmendi mestura tradición con modernidade e evoca, ademais, un dos elementos máis significativos do Entroido verinés como é a choca do cigarrón”. Godás destaca ademais “o altísimo nivel dos traballos presentados a esta segunda edición do concurso”.

Máis de 400 traballos premiados

Pola súa banda, o autor do cartel ilustrador, Iñaki Fernández Iturmendi, afirma estar  “moi ilusionado” de que a súa proposta fose a elixida “porque a todos nos gusta que se nos recoñeza o noso traballo”. Fernández Iturmendi leva gañado máis de 400 premios de deseño gráfico de diversos eventos desde o ano 1998. De feito, un dos seus traballos serviu para ilustrar unha das edicións da emblemática Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci).

O gañador destaca que sempre que se presenta a un concurso deste tipo tenta documentarse o máximo posible sobre o contexto xeográfico e os elementos idiosincráticos da zona na que éste se xera. “No caso de Verín, o do chocallo é un son típico que lembra e esperta o Entroido e por iso quixen facer un símil gráfico con esta imaxe e dotala dunha nova mirada, para que sirva como chamada ao Festival de Curtas”, indica.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac