Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Obradoiro do pan para os nenos e maridaxes dos viños de Monterrei para os maiores, novidades da III Feira de Outono de Verín
Obradoiro do pan para os nenos e maridaxes dos viños de Monterrei para os maiores, novidades da III Feira de Outono de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Novembro 2017 16:21

A III Feira de Outono de Verín, que se celebrará durante toda  a fin de semana do 17 de novembro na vila do Támega, desenvolverá una intensa actividade na Praza Maior de Verín, centrada na alimentación de outono e ecolóxica, a artesanía e os productos de Monterrei. Para os nenos, obradoiros de elaboración de pan, e para os adultos, catas comentadas e maridaxes dos viños de Monterrei.

A Feira escomezará o venres, coa conferencia-coloqio de Serafín González (presidente da Sociedade Galega de Historia Natural) sobre “Incendios forestais: a marea negra dos montes”.

Os nenos poderán participar no obradoiro de pan para cativos dende as 11 da mañá do sábado, simultaneamente coa actuación da banda de gaitas de Verín, que acompañará o desenvolvemento da actividade comercial, centrada nos cogomelos, as castañas, os productos de outono.

Pola tarde, dende as cinco, o mago Chirleta  presentará un conto de natureza para nenos, e para os maiores, ás seis, haberá unha charla sobre a cría de abellas reinas, e un taller de velas.

Magosto o sábado

A estrela da sesión do sábado será o magosto, ás 19,30 do serán, coa actuación da Charanga Candaira, e as consabidas castañas, que serán gratis para os que compren productos na feira.

O domingo, as actividades paralelas á feira escomezarán ás once cunha charla sobre o aproveitamento da castaña e dos castiñeiros ao longo de todo o ano, e ás 12.30 tamén haberá un taller infantil de manualidades de outono.

Pola tarde, ás 16:30, celebrarase a cata dos pratos do concurso de cociña de outono, e a conseguinte entrega de premios. Ás seis media, comezará cata de maridaxe con viños da Denominación de Orixe Monterrei, a cargo da sumiller Marina Cruces, no Souto das Candeas. A inscrición farase no Concello de Verín.

A tarde estará animada por actuacións  musicais, e rematará ás oito co sorteo da cesta de productos de outono entre os compradores da feira  Se o tempo o permite, haberá toda a fin de semana inchables para o nenos, se se chove, xogos baixo a carpa. Os pases para o magosto, o sorteo,  e os inchables serán proporcionados nos postos da feira.

Descarga aquí as bases e a información do concurso de cociña.

Feira de Outono

Praza Maior de Verín

Venres 17

  • 20:00 h - Charla coloquiode Serafín González (presidente da Sociedade Galega de Historia Natural) sobre “Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos”. 

Sábado 18

  • 11:00 h – Obradoiro de pan para cativos e actuación da Banda de Gaitas.
  • 17:00 h – Actuación do Mago Chirleta (conto de natureza para nenos/as).
  • 18:00 h – Charla sobre a cría de abellas reinas e obradoiro de velas.
  • 19:30 h – Magosto para todos/as. Amenizado  pola charanga de Candaira.

Domingo 19

  • 11:00h Inauguración da Xornada e Apertura das exposicións de plantas medicinais. (As exposicións permanecerán abertas todo o día: mañá e tarde).Entrega do diploma de participación "As Plantas que nos unen" á localidade.
  • 11:00 h Charla sobre aproveitamento da castaña e os castiñeiros ao longo de todo o ano.
  • 11:30h Charla Visual con imaxes: "O Marabilloso Mundo das Plantas medicinais" (Todos os públicos).
  • 12:30h Ruta guiada "En busca das Plantas medicinais" nas cercanías da localidade. Exposicións de plantas.
  • 12:30h Taller infantil de manualidades de outono.

 A tarde estará animada con actuacións de grupos locais de pandereteiras

  • 16:30 h – Cata dos pratos do concurso de cociña de outono, e entrega de premios.
  • 16:30h Visita guiada á Exposición de Plantas medicinais.
  • 17:00h - Talleres para nenos/as e adultos sobre plantas. Anel máxico de romeu/ Plantas máxicas: trasgos e fadas/ Mini bolsiña de plantas medicinais/ Plantas máxicas de España/
  • 18:30 h- Cata e maridaxe con viños da Denominación de Orixe Monterrei, e pratos elaborados con produtos de outono a cargo da sumiller Marina Cruces, no Souto das Candeas.
  • 20: 30 h -  Sorteo dunha cesta de productos variados cedida polos comerciantes dos postos participantes.
  • Visita das Exposicións de Plantas (Toda a tarde).
  • Proxeccións de vídeo: Cogomelos e Plantas.

 As tardes do sábado e domingo haberá inchables para o nenos/as.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac