Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A obra teatral “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, chega a Verín o venres 24 de novembro
A obra teatral “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, chega a Verín o venres 24 de novembro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Novembro 2017 15:09

O venres 24 de novembro, ás 21:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra de teatro “Raclette” da compañia Ibuprofeno Teatro. Está obra está pensada para un público adulto e a entrada é completamente de balde.

As entradas para a obra xa están dispoñibles, a partir de hoxe pola tarde (17:00 a 20:30 horas), no Auditorio Municipal de Verín.

"Raclette" inaugura unha nova etapa de Ibuprofeno Teatro, na que asume producións dun formato superior con elencos máis numerosos, caracterizadas polo rigor na posta en escena, no traballo actoral e na concepción dos textos e dos procesos de creación, baseados na obra dramatúrgica de Santiago Cortegoso.

Así pois, Ibuprofeno quere profundar na liña da creación propia e orixinal, continuando a procura, iniciada hai anos, dunha linguaxe persoal e reconocible para falar dos temas craves que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

A “Raclette” é unha maneira para comer en comunidade inventada polos pastores suízos que, para escorrentar o frío e a soidade da montaña, reuníanse ao redor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras.

Esta Raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para acabar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.

Os cinco personaxes conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles, pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco persoas que están a pasar por momentos cruciais nas súas vidas, momentos de cambios, de inestabilidade, marcados por acontecementos que deixarán pegadas profundas para o resto da súa existencia. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora aos seus integrantes.

 

Categoría: En cartel, Drama, Contemporáneo, Adulto

Duración: 75'

Autoría: Santiago Cortegoso

Dirección: Santiago Cortegoso

Premios: Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrales 2014, Mejor Espectáculo de Sala de la 19 edición de la "Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo", Mención Especial del Jurado en el XIX Certamen de Teatro Garnacha de Haro, Nominado a Mejor Espectáculo, Mejor Dirección, Mejor Texto Original y Mejores Actores Secundarios en los Premios María Casares 2017, Candidato a los Premios Max a Mejor Espectáculo,Mejor Dirección, Mejor Texto y Mejor Actriz Secundaria Iria Sobrado.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac