Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Feira de Outono de Verín procurará concienciar sobre os nosos montes
A Feira de Outono de Verín procurará concienciar sobre os nosos montes PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Novembro 2017 14:46

A Feira de Outono terá este ano uns prolegómenos de grande interese social e cultural, coa charla-coloquio “Incendios forestais: A marea negra dos montes galegos”. Serafín J. González Prieto, investigador do Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (IIAG) do CSIC e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), será o protagonista deste acto que se celebrará o venres día 17, ás 20:00 horas, na Carpa da Feira (praza García Barbón).

A comarca de Verín é unha das zonas máis conflitivas de incendios forestais, sendo unha das comarcas nas que máis lumes se producen repetidamente ano tras ano. Desde a perspectiva do investigador e do conservacionista, González Prieto, abordará a problemática complexa dos incendios forestais. Por unha banda, falará da magnitude e as causas do problema, así como das consecuencias, tanto directas como indirectas, que teñen os incendios. A continuación, analizará os impactos sobre o medio que produce o seu extinción. Para rematar, falará da rexeneración natural dos ecosistemas e das actuacións post-incendio.

Serafín González é autor de 62 artigos en revistas científicas, dos cales 23 están centrados nos incendios forestais e os seus efectos nos chans. Tamén escribiu en revistas e ten publicados varios libros.

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac