Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín rememora a figura de Xesús Taboada Chivite cun ciclo temático
A Biblioteca de Verín rememora a figura de Xesús Taboada Chivite cun ciclo temático PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Novembro 2017 11:21

Os vindeiros 16 e 17 de Novembro a Biblioteca Municipal de Verín volve, un ano máis, a lembrar a figura de D. Xesús Taboada Chivite. Nesta ocasión será coa proxección dun documental o día 16, e cunha conferencia o día 17.

O 16 de novembro, ás 19:30 horas, terá lugar o visionado do documental “D. Xesús Taboada Chivite” na Biblioteca do Concello de Verín, filme dirixido por Pío García,  guión de Fran Zabaleta,  e realizado pola Fundación Lois Peña Novo, Secretaria Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia, Pío García Servizos Audiovisuais.

O rematar o visionado do documental (20 min.), a Biblioteca Municipal inaugurará a sala de estudos locais, onde se formalizará por escrito a acta de DOAZÓN da Biblioteca persoal de D. Manuel Taboada Cid, por parte da súa viuva Dona Mª Nieves de Paula Pombar.

O 17 de novembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca  Municipal de Verín acolle a Conferencia “D. Xesús Taboada Chivite e a súa obra”: impartida por D. Francisco Fariña Busto, (arqueólogo galego, exdirector do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos) e Dona Rosa María Méndez García (bibliotecaria e arquiveira do Museo do Pobo Galego). Realizarase na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín ás 19:30h.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac