Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mostra fotográfica “Descrenza (outono fotográfico 2017)” na Sala de Exposicións de Verín
Mostra fotográfica “Descrenza (outono fotográfico 2017)” na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Novembro 2017 14:03

Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro, a Sala de Exposicións do Concello de Verín acolle a mostra fotográfica “Descrenza”, organizada pola Asociación “Os Potiños”, en colaboración co Concello de Verín.

Chega a morte de todas as crenzas. Naufraxio das verdades que nos tiñan escravos. Descreer todo, e regresar ao camiño da busca da liberdade onde nacen mapoulas frescas.E tamén na fotografía: Recoñecer que o certo non o é, que a foto non conta a verdade, senón a interpretación do autor. Non reproduce, senón crea. Renunciar á herdanza do fácil; descreer para inventar, para construír nós mesmos nosa fotografía. Así crea “Os Potiños” nesa edición do Outono Fotográfico, pensando en branco e negro e con formato cadrado.

Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17 a 21 h; sábados, 10 a 14 e 17 a 20:30 h.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac