Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A primeira fundación de saúde dental de Ourense chámase Fundación Dentalnova
A primeira fundación de saúde dental de Ourense chámase Fundación Dentalnova PDF Imprimir Correo-e
Venres, 17 Novembro 2017 11:43

Da colaboración entre o concello de Verín e a clínica de saúde bucodental Dentalnova naceu durante este ano 2017 Dentalnova social, unha parte fundamental desta clínica, pioneira na comarca en canto a programa de responsabilidade social corporativa (RSC), refírese.

Varias foron as iniciativas sociais, culturais e de saúde levadas a cabo durante este ano: Dentalnova atende, Dentalnova Magazine, Campañas de micromecenazgo e a creación do primeiro espazo cardioprotegido privado para uso público de Verín.

Despois de todas as colaboracións en materia social que levamos a cabo, é unha honra presentar a Obra Social da Fundación Dentalnova.

Un  espazo  onde  poderemos  afrontar  novos  retos  mentres consolidamos as iniciativas que comezamos durante este ano.

O acto de presentación será no auditorio de Verín o próximo 25 de novembro a partir das 20:00, no intervirán: Ruben Riós, actor e produtor de cinema e televisión, o presidente do ilustrísimo colexio oficial de médicos de Ourense, Jose Luís Jimenez, o Alcalde de Verín Gerardo Seoane e a secretaria da fudación María Jesus Villar.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac