Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Nove de cada dez expositores volverían participar na feira de outono de Verín
Nove de cada dez expositores volverían participar na feira de outono de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Novembro 2017 17:06

O Concello de Verín , a través da concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, realizou un balance dos resultados da segunda edición da Feira de Outono de Verín que se celebrou durante os días 17, 18 e 19 de novembro, na Praza Maior. Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín aos expositores participantes, o resultado é que a totalidade dos enquisados (21 dos 22 postos expositores) dan un aprobado ás vendas e o 95% dos mesmos volvería a participar no evento.

As enquisas realizadas tamén preguntaban aos expositores por unha serie de cuestións vinculadas ao recinto feiral entre as que se lle preguntaba a súa valoración, puntuando de 1 a 10 sobre: as instalacións (8,30), as ventas (5,65), os stands (8,10), a ubicación (9,40), o horario da feira (8,60), o magosto popular (9,00), o sorteo da cesta (9,10), as actividades complementarias (8,20), a limpeza (8,25) e  a música (5,50).

Os expositores enquisados, coma nas pasadas edicións, tamén tiveron a oportunidade de entregar unha folla de suxestións. “Como sempre, tomamos nota de todas as aportacións que nos fixeron tanto os expositores como os visitantes da feira para seguir mellorando este evento entre todos”, puntualizou Caldelas.

Cabe destacar tamén a gran acollida que tivo a cata de maridaxe con viños da Denominación de Orixe Monterrei realizada, a cargo de Marina Cruces (sumiller do restaurante Nova, impulsora de “A emocións dous viños”, e subcampioa nos anos 2009 e 2011 do Campionato Galego de Catadores) no Souto das Candelas, completándose o aforo máximo da mesma; e o éxito de participación acadado nas xornada temática de actividades sobre plantas medicinais e nas charlas sobre castiñeiros e sobre cría de abellas reinas.

Purificación Caldelas quixo destacar que nesta edición da Feira de Outono o principal obxectivo foi ofrecer un programa completo de actividades, tanto de lecer como educativas, orientadas para todos os públicos. “Penso que cumprimos os o noso obxectivo con creces xa que moita xente nos felicitou pola diversidade de actos que tiveron lugar durante a fin de semana”, explicou Caldelas.  Segundo a concelleira de Turismo a gran afluencia de público na Praza Maior durante todo o fin de semana, xunto coa satisfacción dos expositores confirma que a Feira de Outono de Verín empeza a ser un evento consolidado na vila.

En canto ás actividades infantiles, máis de 150 nenos/as participaron no obradoiro de pan para nenos/as, nos xogos inchables e no taller de manualidades de outono que tiveron lugar durante os dous días do evento.

No que se refire o concurso de cociña presentáronse tres pratos salgados: Sorpresa Chelisy, Presa de cerdo ibérico con mermelada de viño e tortilla de outono; e tres pratos doces: Filloas adicadas a miña nai, Pudim de Castaña e pastel de castañas con chocolate.Os gañadores do certame foron os seguintes:

  • Premio Plato salgado: José Luís Díaz Rodríguez, “Sorpresa Chelisy”
  • Premio plato doce: Mónica Márquez Romero, “Filloas adicadas a miña nai”

Este ano, o premiado no sorteo celebrado o domingo na carpa de feira cunha cesta de produtos típicos de outono foi Manuel Salgado.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac