Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Curso “ Impulsores de Oportunidades: Innovación, Captación e Emprendemento na sede da Eurocidade
Curso “ Impulsores de Oportunidades: Innovación, Captación e Emprendemento na sede da Eurocidade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Novembro 2017 12:49

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial - AECT, en colaboración coa Fundación Galiza Europa, promove o curso de “ Impulsionadores de Oportunidades: innovación, capacitación e emprendemento, que decorrerá de 28 de novembro a 2 de decembro, na sede da Eurocidade.

Este curso ofrece unha formación práctica e teórica sobre o emprendedorismo no contexto do actual desenvolvemento tecnolóxico. Os participantes coñecerán as novas tendencias no que concerne a comunicación, marketing, e- commerce, así como en áreas-chave do sector de servizos: turismo e hostalaría. Serán abordados temas como a reformulación dos negocios adaptándoos ás novas formas de consumo e ás dificultades para promover novas oportunidades neste sector.

Esta acción de formación é promovida no ámbito do proxecto europeo Eurocidade 2020, que integra o programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP). O proxecto ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín, como unha ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentábel. O curso forma parte da actividade “ Eurocidade Intelixente: innovación, empreendimento e internacionalización como piares de xeración de emprego e riqueza”, coa finalidade de capacitar empreendedores, desempregados e empresarios da Eurocidade para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios, ben como satisfacer a procura de profesionais do mercado. No ámbito do proxecto serán realizados dous cursos.

Para a súa realización, o AECT Eurocidade Chaves-Verín 2020 conta coa colaboración da Fundación Galiza Europa e dos restante socios do proxecto: FNAJ – Federación Nacional de Asociacións Xuvenís, Dirección Xeral da Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ – Instituto Portugués da Xuventude e do Deporte, Cámara de Verín e Municipio de Chaves.

O curso terá lugar na sede da Eurocidade, en Feces de Abaixo, coa duración de 36 horas ( teóricas e prácticas), das 09h00 ás 13h00 e das 15h00 ás 19h00 (sábados das 09h00 ás 13h00), hora portuguesa. Destínase a toda a poboación, sen límite de idade e/ou perfil profesional, tanto para os desempregados como para os empresarios e empreendedores galegos e portugueses, contando co número máximo de 15 participantes. Tras o rexistro, os participantes comprométense a participar en todo o programa de formación. A participación é obrigatoria para ter dereito a un diploma de aproveitamento do curso.

Esta formación é gratuíta. Os interesados deberán anexar o formulário de inscrición e o Curriculum Vitae e envialo por e- mail para: fges1@ fundaciongaliciaeuropa.eu


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac