Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Profesionais e artistas verineses contribúen co seu traballo á posta en marcha do FIC Vía XIV, que dá comezo hoxe
Profesionais e artistas verineses contribúen co seu traballo á posta en marcha do FIC Vía XIV, que dá comezo hoxe PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 02 Decembro 2017 18:51

Como actos previos á gala inaugural de mañá, o FIC Vía XIV de Verín abre hoxe as súas portas coa primeira xornada do obradoiro “Achegar o cine ás persoas”, a cargo da cineasta vasca Maider Fernández, e co desenvolvemento do Foro Visións, un proxecto impulsado e coordinado por Xisela Franco e Beli Martínez para dar visibilidade ás cineastas da provincia de Pontevedra. Esta segunda edición do Festival de Curtas de Verín contou coa participación de diversos profesionais e artistas locais que co seu traballo creativo se involucraron no desenvolvemento do certame.

Un destes artistas é Fernando Barreira, responsable do deseño dos principais galardóns do certame e da creatividade do escenario. Barreira, que conta cunha sólida formación en arte, pintura, debuxo, escultura, decoración e moda e con máis de 40 exposicións ás súas costas, afirma que se insipirou na “V” de Verín e de Vía XIV para o deseño do premio. “Creei unha tiraxe múltiple en bronce, composta por 21 pezas que cedín ao Concello”, destaca.


Tres columnas de 3,75 metros de altura

Por outra parte, á hora de crear o escenario tivo en conta “a temática dispar das bases do festival” que lle obrigou “a construír tres columnas de 3,75 metros de altura con emoticonos gráficos referentes aos temas centrais do certame: Entroido, Emigración e Fronteira”. En total, engade, “son máis de 60 pezas individuais que forman un todo e que ao xirarse, co apoio das luces, irán marcando o percorrer do festival: estruturas dinámicas para unha idea dinámica”. Previamente, xa fora autor doutros deseños para espectáculos e certames diversos como á da ópera O amor das tres laranxas, de Sergei Prokofiev, que se desenvolveu na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia.

Por outra banda, no marco do desexo dos promotores do FIC Vía XIV de dar protagonismo a outros artistas verineses no deseño do premio do público, este ano o encargado de crear esta peza foi o pintor e escultor local Xosé Gómez Rivada.

Outro nome propio nesta edición do FIC é o de Jorge Godás, descendente dunha coñecida familia de fotógrafos verineses, que se está a ocupar de todo o deseño gráfico e audiovisual das diversas pezas que compoñen o festival.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac