Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A III edición da Feira de Nadal contará cun posto de recollida de xoguetes para os máis desfavorecidos.
A III edición da Feira de Nadal contará cun posto de recollida de xoguetes para os máis desfavorecidos. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Decembro 2017 18:00

Os próximos sábado e domingo, 16 e 17 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a III edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán 21 postos de artesanía e alimentación.

Como novidade, este ano instalarase -coa colaboración de Femuro- un posto de recollida de xoguetes, novos e usados, para os nenos e nenas máis desfavorecidos da vila. A feira contará tamén con animación, talleres, concursos e música para os  máis cativos e con sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores.

Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais.

O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14.30 horas e de 16.00  a 20.00  horas, e o programa completo de actividades é o seguinte:

SÁBADO 16 DE DECEMBRO

  • 12.00 H SHOWCOOKING INFANTIL
  • 17.00 H XOGOS INFANTILES
  • 19.00 H VISITA DO APALPADOR
  • 19.30 H SORTEO CESTA DE NADAL

DOMINGO 17 DE DECEMBRO

  • 12.00 H TALLER DE MANUALIDADES INFANTIL
  • 17.00 H XOGOS INFANTILES
  • 19.00 H VISITA DO PAPA NOEL
  • 19.30 H SORTEO CESTA DE NADAL
  • 20.00 H ENTREGA PREMIO Ó STAND MÁIS NAVIDEÑO


Os postos participantes son os seguintes:

  • ROSA ARTESANÍA: coiares, pulseiras, aneis, aretes artesanais
  • LAS COSAS DE MI MADRE (ARTESANÍA):           bolsos e xogos tradicionais, rodutos en fieltro e de colgar , bonecos, xogos,caixas, decoración, diademas.
  • QUESOS FACENDERA (ALIMENTACIÓN)            queixos de cabra, con castañas e maza.
  • A VAIRA CONSERVAS (ALIMENTACIÓN)            bacallau con algas, bacallau con faba, paté polbo con castañas.
  • ASUBÍO ALIMENTACIÓN: alimentación ecolóxica, turrón, cava, sidra, figos, cestas de nadal e regalo.
  • N-ART-DECOR (ARTESANÍA): regalos e decoración, artesanía, cadros
  • PATO XOIEIRO (ARTESANÍA): xoiería artesanal, artesanía en prata 
  • EMBUTIDOS A SALGUEIRA           (ALIMENTACIÓN):  embutidos artesanais, chourizos, salchichóns.
  • TRES ÁNGELES (ARTESANÍA): rosarios, collares, pulseiras, colgantes con conchas, caixas realizado todo artesanalmente.
  • BRODERIE ARTESANÍA: Téxtil infantil: decoración, diademas, cojines.
  • MAPA PORRIÑO (ARTESANÍA): coiro e complementos.
  • JUGUETES DE MADERA (ARTESANIA): xoguetes de madeira.
  • TELLY Y GLORIA (ARTESANÍA): xabóns artesanais e artigos de regalo.
  • PIMENTON LA RISTRA (ALIMENTACIÓN): pimentón, azafrán ou ristras de pementos e ñoras. 
  • XESTAS SABOR MANDARINA (ARTESANÍA): Camisetas, sudadeiras e bolsos artesanais.
  • DULCERÍA ARTESANAL MORETA           (ALIMENTACIÓN): garrapiñadas, palomitas, gominolas, mazáns de caramelo e chocolate, algodón de azúcar.
  • CERVEXA ARTESÁ MONTE REI  (ALIMENTACIÓN): cervexa artesá.
  • RECUNCHO DE CUCADAS (ARTESANIA):            Marroquineria, complementos en coiro, cintos, monedeiros, chaveiros 
  • ARTESANIA MARY  (ARTESANIA): produtos realizados a ganchillo e calzeta.
  • CEIP PRINCESA DE ESPAÑA.
  • COLEXIO LA MERCED.
 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac