Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o ludonadal
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o ludonadal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Decembro 2017 16:09

Mañá venres 15 de decembro, a Oficina Municipal de Información Xuvenil abre o prazo de inscrición do “Ludonadal”, unha ludoteca destinada a estas datas  e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal. Devandita iniciativa comeza o 22 de decembro e remata o 5 de xaneiro.

‘‘Ludonadal’ realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo) de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; sábados de 9 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 40 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 20 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

No marco de 'Ludonadal' tamén terán lugar varias actividades destinadas aos/ás participantes na mesma como son:

  • 22 de decembro - A árbore dos desexos: elaboración dunha árbore xigante que os/as cativos/as decorarán con material reciclado e os seus desexos para o novo ano)
  • 23 de decembro - Chegada do apalpador: historia, medallóns, conto, debuxos e mural da figura do apalpador.
  • 26 de decembro - Festa do doce do Nadal e manicura navideña (26 de decembro)
  • 27 de decembro - Cine de Nadal e Visita ao Belén da Viruca
  • 28 de decembro - Día dos Santiños Inocentes e Obradoiro de galletas.
  • 29 de decembro - Modelado de barro e arcilla, debuxo creativo navideño: modelado de estrelas, bolas, campás, boneco de neve...)
  • 30 de decembro - Photocall e precotillón infantil.
  • 3 de xaneiro - Xogo libre  Bailes de nadal e concurso de panxoliñas.
  • 4 de xaneiro - Chegada do Carteiro Real.
  • 5 de xaneiro - Cabalgata de Reis

 Para máis información e inscrición deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac