Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A aula ceMIT de Verín acolle este nadal un taller de animación 3D
A aula ceMIT de Verín acolle este nadal un taller de animación 3D PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Decembro 2017 14:38

Entre o 28 de decembro e o 5 de xaneiro, a aula ceMIT de Verín acolle un taller de cinema 3D, enfocado a nenos de entre 8 e 15 anos. A finalidade deste taller é fomentar, dun modo lúdico e divertido, o interese da mocidade polo cinema, a innovación mediante a programación en 3D e a creatividade, así como promover os valores vinculados ao emprendemento e favorecer a aprendizaxe a través do xogo.

Neste taller os participantes terán que programar unha curta de cinema en 3D, co que deberán facer fronte a varios retos que se lles exporán. Deste xeito, desenvolverán competencias e habilidades tecnolóxicas, así como o traballo en equipo, a planificación ou a resolución e superación de dificultades, e tamén estimularán a súa capacidade de innovación.

As persoas interesadas en inscribirse neste taller deben facelo accedendo á páxina web da aula Cemit de Verín ( https://cemit.xunta.gal/es/actividade/23588).

Esta iniciativa englóbase dentro do programa educativo ICCKids 2017 da Deputación de Ourense, dirixido a fomentar a cultura emprendedora dixital e o sentido da innovación na provincia de Ourense.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac