Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aever-CCU Verín entrega o premio de 1.000 euros da promoción "Este Nadal merca en Verín” na Gala de Nadal “O show dos pallasos”
Aever-CCU Verín entrega o premio de 1.000 euros da promoción "Este Nadal merca en Verín” na Gala de Nadal “O show dos pallasos” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Xaneiro 2018 10:47

Onte, ás 20:00 horas, o presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez e o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; acompañados do  alcalde de Verín, Gerardo Seoane, fixeron entrega do premio de 1000 euros correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” durante a Gala de Nadal “O Show dos Pallasos”, organizada por Aever no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2017.

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín” entregouse mediante un sorteo presencial  no Pavillón Municipal. No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros.

A gañadora, Eva González Álvarez, poderá gozar do seu premio, a partir do 4 de xaneiro, realizando compras por un importe de 1000€ en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Na Gala de Nadal “O Show dos Pallasos”,  -organizada por Aever, coa colaboración do Concello de Verín- participaron centos de nenos e nenas que gozaron dunha divertida xornada de actuacións  musicais, agasallos e divertidos concursos, acompañados dos seus persoaxes favoritos.

Entrega dos Cheques regalo do Concurso de Escaparates de Verín 2016

Por outra parte, ao finalizar a gala tamén se fixo entrega -por parte do alcalde de Verín, Gerardo Seoane- dos correspondentes  cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín 2017 . Outorgáronse tres premios de 150, 100 e 50 euros aos seguintes establecementos:

  • Primeiro posto La tienda del bebé (premio con 150 €)
  • Segundo posto: Aquerea (premio con 100 €)
  • Terceiro posto: Ángela (premio con 50 €)

No concurso participaron 47 establecementos comerciais que o solicitaron e están localizados no concello de Verín, previa inscrición. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac