Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas AS CARAS DO ENTROIDO OURENSÁN na Sala de Exposicións de Verín
AS CARAS DO ENTROIDO OURENSÁN na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Xaneiro 2018 14:33

Cigarrón VERIN Desde o día 18 e até o 17 de febreiro, a Sala de Exposicións de Verín acollerá a mostra As caras do entroido ourensán. Senlleiro e ancestral. José Manuel Sánchez retrata nesta serie de 22 acuarelas en formato 70 x 50 cm as máscaras máis relevantes da festa coa que tradicionalmente celebramos o paso do inverno á primavera. O labardeiro de Mugares, o galo da Mezquita da Merca, o irrio de Castro Caldelas, o troiteiro de Bande; os felos de Esgos e das Boborás; os boteiros de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso son algunhas das vinte dúas máscaras seleccionadas, entre as que se encontra o noso cigarrón.

A exposición As caras do entroido ourensán. Senlleiro e ancestral, monográfica e concibida para a itinerancia, foi presentada no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense). O Museo do Entroido, en Xinzo de Limia, e o Castelo de Maceda acolleron unha mostra que se exhibirá en Verín durante todo o ciclo del entroido verinense e que ten previsto continuar percorrendo as vilas ourensás.

José Manuel Sánchez, autodidacta de amplísima traxectoria pictórica, ten en Galicia como escenario e na acuarela como medio de expresión os eixes temáticos e técnicos da súa extensa obra. Admirador do territorio, da singularidade das xentes que o habitan e das súas producións, ten explorado co seu pincel multitude de estampas etnográficas. Por iso, é plenamente coherente coa súa visión artística que se sentise atraído pola beleza plástica das máscaras que perduraron no tempo no entroido ourensán e lle dan os atributos de senlleiro e ancestral.

A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a venres das 17 ás 21 h e os sábados das 10 ás 14 e das 17 ás 20:30 h.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac