Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CEIP Castrelo do Val deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2018 de Verín
O CEIP Castrelo do Val deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2018 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xaneiro 2018 13:32

O CEIP Castelo do Val deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2018, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CEIP  de Castrelo do Val.

Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudíña; os CEIPs Rodolfo Núñez de Vilardevos, Princesa de España, Augusto Assia de A Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada, Amaro Refojo, e o IES García Barbón seleccionaron mediante votación o cartel oficial do 'Desfile Infantil' 2018.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac