Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Os Alumnos/as de 3ª da ESO do IES Castro de Baronceli de Verín reciben os diplomas do programa TEI
Os Alumnos/as de 3ª da ESO do IES Castro de Baronceli de Verín reciben os diplomas do programa TEI PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xaneiro 2018 17:45

Esta mañá tivo lugar no IES Castro de  Baroncelli o  acto oficial de nomeamento de titores/as, con entrega de diplomas e carnets de titores/as aos trinta e dous alumnos/as de 3º de la ESO que participan no programa TEI (Titoría Entre Iguais).

En dito acto estiveron presentes non só o equipo encargado da implantación do programa TEI e a dirección do centro, senón tamén o tenente de alcalde de Verín e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo Moura, que quixo agradecer o inestimable traballo realizado polos profesores/as e alumnos/as que participan no proxecto e destacar “a enorme potencialidade desta iniciativa  para  previr, detectar  e  actuar  en situacións de acoso ou violencia entre iguais.”


O programa TEI é proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado  e,  principalmente, para evitar a violencia e o acoso escolar (ou “bullying”), e estase a implantar  en varios centos de centros educativos pertencentes a diferentes comunidades do estado. Ao longo deste mes de xaneiro, no IES “Castro de Baronceli” de Verín–así como noutros centros educativos da comarca- comezaron a aplicación desta iniciativa que implica aos alumnos/as de 1º e 3º ESO ao longo do restante curso escolar.

Devandito programa baséase no acompañamento de alumnos de 3º de ESO a alumnos de 1º de ESO (novos no centro): cada alumno e alumna de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira (titor) de 3º de ESO –algo así coma un “irmán/a maior” aos efectos- que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos entre iguais, actuar como referente para a mellora da autoestima e previr as situación que posibilitan o acoso escolar.

Durante o primeiro trimestre deste curso 2017/18, unha parte do profesorado do instituto “Castro de Baronceli” –xunto con algúns centros veciños- formáronse na aplicación do programa TEI,  ca asistencia de Andrés González Bellido, psicólogo e orientador no Instituto “Front Maritim” de Barcelona , creador deste programa educativo. É agora neste segundo trimestre do curso cando comezamos a implantación efectiva do programa no noso centro, comezando con sesións informativas do programa TEI dirixidas aos alumnos/as de 1º e 3º ESO.

"Botamos a andar no noso instituto o programa TEI con moitas ilusións polos beneficios que sabemos traerá, e tamén con esa pequena incerteza propia dos comezos de algo importante e colectivo. Vexamos esas pequenas incertezas -propias das relacións humanas- como unha oportunidade para axudar ao outro/a (unha das maiores satisfaccións) e aprender un/unha mesmo de cada experiencia.", expicou Alejandro Fernández Ordóñez, coordinador do proxecto.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac