Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conferencia “Cristianismo Primitivo e os Manuscritos do Mar Morto” de Antonio Piñero no Salón de Actos da Casa da Cultura
Conferencia “Cristianismo Primitivo e os Manuscritos do Mar Morto” de Antonio Piñero no Salón de Actos da Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Xaneiro 2018 11:33

O xoves 25 de xaneiro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia “Cristianismo Primitivo e os Manuscritos do Mar Morto”, a cargo do catedrático de Filoloxía Grega, Antonio Pérez Sáenz. O evento, organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín, será moderado polo doutor Manuel Mandianes, antropólogo e teólogo.

En 1945, moi preto da localidade de Nag Hammadi (situada no alto Exipto), uns campesiños atoparon nunha cova doce códices de papiro e fragmentos doutro, ocultos nunhas vasillas seladas. En 1947, nunhas covas de Qumrán, preto do mar Morto, uns pastores acharon sete rolos de pergamiño cun total de máis de novecentos manuscritos mentres buscaban unha cabra perdida.

Ambos os descubrimentos marcaron un antes e un despois respecto ao coñecemento sobre as orixes e desenvolvemento do xudaísmo e o cristianismo e abriron o camiño cara a unhas liñas de investigación que cambiaron o modo de entender a historia de ambas as relixións.

Nesta obra, “ Gnosis, Cristianismo primitivo e Manuscritos do Mar Morto” ( ed. Tritemio, 2016), o profesor Piñero, unha das máximas autoridades en cristianismo primitivo, ofrécenos un extraordinario estudo sobre o impacto destes descubrimentos, especialmente no referido á gnoses, unha forma de pensamento que, de modo discreto pero profundo, tivo moita influencia no judeocristianismo antigo.

O libro compleméntase co contido íntegro dos textos gnósticos: o Evanxeo de Felipe, o Evanxeo de Judas e o Evanxeo da Verdade; así como dunha selección de textos escollidos dos Manuscritos do mar Morto.

Unha obra imprescindible para calquera lector interesado en profundar na historia do gnosticismo e na importancia que para nosa historia tiveron o achado dos Textos de Nag Hammadi e dos Manuscritos do mar Morto.

Antonio Piñero Sáenz:

(Chipiona, Cádiz, 1941) catedrático de Filoloxía Grega da Universidade Complutense de Madrid, especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo.

É autor e escritor de numerosas obras no eido do cristianismo e xudaísmo. Xunto ao seu prestixio internacional coma investigador, destaca a súa faceta de comunicador, testemuñada por millóns de persoas, sobre todo pala paixón que transmite, outórganlle un fluír único a súa mensaxe.

Está considerado un académico experto de renome internacional en temas relacionados con mundo hebreo do século I e có Novo Testamento.

Na súa obra de investigación destaca a obra “Los cristianismos derrotados” (2007, editorial Edaf, Madrid)  polo que acadou o Premio Finis Terrae, (primeiro premio de investigación), e en novela destaca a novela histórica, escrita conxuntamente con José Luis Corral: “El trono maldito”, (Planeta, 2014).

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac