Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Celta de Vigo e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para potenciar ás promesas da mocidade verinesa
O Celta de Vigo e o Concello de Verín asinan un convenio de colaboración para potenciar ás promesas da mocidade verinesa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Xaneiro 2018 14:13

O fútbol  base de Verín vive un momento histórico. Con tres equipos das Escolas Deportivas de Verín -de titularidade municipal- incluídas na Liga Galega, o club de referencia en Galicia, o Real Club Celta de Vigo, ten posta a súa mirada nas promesas da vila do Támega. Esta mañá o Celta asinou en Verín o convenio para que estas promesas poidan desfrutar de excepcionais vantaxes formativas e competitivas, como intercambiarse coas plantillas do Celta, asistir a formación e adestramentos e presenciar os partidos na Grada 0 de Balaídos.

A sinatura, que estivo presidida polo alcalde de Verín,  Gerardo Seoane Fidalgo, realizouse esta mañá no Concello verinés e a ela asistiron Germán Arteta, director da Fundación Celta, e José Angel Rodicio, presidente das Escolas Deportivas de Verín. O alcalde agradeceu o apoio do Celta o deporte base de Verín, e destacou que “é a primeira vez na historia que temos a tres equipos das nosas Escolas Deportivas xogando na liga galega, concretamente ós de Cadete A, Infantil A e Xuvenil”.


Pola súa banda, o presidente das Escolas destacou “o bo traballo dos 350 nenos que integran os 10 equipos de fútbol sala e os 10 de fútbol”, así como o importante labor “da vintena de monitores que dun xeito altruísta desenvolven tan profesional actividade”.

O Convenio prevé a posta a disposición de todos os xogadores das Escolas Deportivas para o Celta, que poderán así xogar nas diversas categorías celestes, así como un programa de formación e asistencia que contempla, ademais da mencionada cesión, a formación dos monitores de Verín, a asistencia ós adestramentos  do Celta e mesmo os partidos oficiais en Balaidos.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac