Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Deportes Pavillón de Deportes Andaina na Ruta do Pozo do Demo
Andaina na Ruta do Pozo do Demo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Xuño 2009 11:10
O Concello de Verín organiza para o próximo 27 de xuño unha andaina pola Ruta do Pozo do Demo.

A saída terá lugar ás 9.30 horas dende o Pavillón de Deportes, ubicado na rúa Irmáns Moreno, e os asistentes, que deben acudir con roupa deportiva e calzado cómodo, poderán optar na mesma polo circuíto pequeno ou o grande. Devandita ruta, que consta de dúas variantes, parte da rúa Infistela -xunto a glorieta Canella Cega- e posúe un percorrido conxunto de tres quilómetros. A partir dese punto, o camiñante ten dúas alternativas: circuíto pequeno -de aproximadamente dous quilómetros e dificultade baixa- e o grande -de aproximadamente 6,2 quilómetros e dificultade media-. Este último conduce cara o entorno natural do Pozo do Demo e o mirador do mesmo nome.

Para participar nesta actividade, enmarcada no programa Concellos Saudables, é necesario inscribirse, antes do 26 de xuño ás 12 horas, na Piscina Climatizada ou na oficina de información do Concello de Verín.


 

Rúa Irmáns Moreno,13
988.41.11.40
pabellon@verin.net