Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS
PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Febreiro 2018 12:12

O Concello de Verín informa sobre a ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 . Consellería de Política Social

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)

CONTÍA:

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
  • INFORMACIÓN  E TRAMITACIÓN: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS  (AVDA DE PORTUGAL, 11-BIS. VERÍN) OU NA SEDE ELECTRÓNICA     https://sede.xunta.gal.

PRAZO:  Desde o 1 de febreiro  ata o 21 de marzo de 2018, ámbolos dous incluídos.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac