Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Arrinca a semana grande do Entroido de Verín co Xoves de Comadres
Arrinca a semana grande do Entroido de Verín co Xoves de Comadres PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Febreiro 2018 16:28

Mañá xoves, 8 de febreiro, arrinca a semana grande do Entroido de Verín co tradicional Xoves de Comadres.

Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos/as das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; CEIPs Vilariño de Conso, Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas dá Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e o IES García Barbón percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Trives, Europa e A Chicoria.

E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Europa e Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, onde a raiña do Entroido, Doña Elena, recibir xoves, 8 de febreiro,onde recibirá a comitiva, encabezada por Don Carnal, que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior para dar a benvida ás longas noites de festa no Entroido de Verín.

A partir das 00:00 horas, na Praza Maior estarán animando xa as Disco-móbiles Jorge e Gramola. A festa continuará na Praza Maior ata a madrugada coa Orquestra Gran Parada.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac