Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Máis de mil cincocentos nenos e nenas participan no desfile infantil do Entroido de Verín
Máis de mil cincocentos nenos e nenas participan no desfile infantil do Entroido de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Febreiro 2018 16:57

Máis de mil cincocentos nenos e nenas, procedentes de 13 centros escolares da comarca verinesa, participaron no desfile infantil do Entroido de Verín.

Os cativos, procedentes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; CEIPs Vilariño de Conso, Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas dá Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e o IES García Barbón, percorreron acompañados dos cigarróns as rúas máis céntricas de Verín disfrazados de hippies, animais, limos, personaxes do circo, temática de medio ambiente e incendios, piratas, correos, pavos reais, crocodilos, froitas, bailes do mundo, cubanos e percusionistas.

Nesta ocasión o desfile contou coa música das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, Trives, Europa e A Chicoria.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac