Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de preinscrición para acceder os servizos do novo centro de día para maiores de Verín
O Concello de Verín abre o prazo de preinscrición para acceder os servizos do novo centro de día para maiores de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Febreiro 2018 14:06

O Concello de Verín abre o prazo de preinscrición para acceder aos servizos do novo centro de día de Verín, situado na parte inferior da Praza de Abastos da Praza Maior de Verín, que abrirá as súas portas proximamente.

O centro de día ofrecerá unha atención integral durante o día ás persoas maiores e persoas en situación de dependencia orientada a mellorar ou manter o mellor nivel posible de autonomía persoal e apoiar ás familias coidadoras. Devandita atención personalizada poderá  escollerse en réxime de 1/2 xornada ou xornada completa, adecuándose así ás todas as peculiaridades, idades e situación dos usuarios que accedan o servizo.

Gerardo Seoane, alcalde de Verín,  explicou que a construción deste novo centro de día é “unha das maiores demandas da poboación verinesa que permitirá que moitos maiores da vila non teñan que desprazarse para recibir este tipo de servizo e poidan estar máis preto das súas familias, mellorando así a calidade de vida de todo o entorno familiar”.

O primeiro Centro de día de Verín contará cos espazos esixidos legalmente para albergar a 36 usuarios e dotará as instalacións de unha sala polivalentes, sala de cura e o resto das dependencias de servizo, ademais dunha sala de rehabilitación. A súa céntrica ubicación permitirá “dar un novo uso a este edificio histórico, prestando servizo ós maiores de todas as zonas da vila que desta forma integraranse dentro da vida a cidade en lugar de estar en sitios apartados”, explicou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo.

¿ONDE INFORMARSE?

Nas oficinas dos Servizos sociais municipais. Avda de Portugal, 11-bis  (Casa da Xuventude).

TELF: 988 41 47 76.  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo     Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac