Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os expositores de artesanía da Feira do Lázaro 2018
Aberto o prazo de inscrición para os expositores de artesanía da Feira do Lázaro 2018 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Febreiro 2018 14:22

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores de artesanía da Feira do Lázaro, que terá lugar os días 16, 17 e 18 de marzo na Praza dá Mercé de Verín – 32600 Verin (Ourense). Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 28 de febreiro de 2018.

Horario de Funcionamento:

- Venres de tarde, 16 de marzo de 18:00 a 21:00 h.

- Sábado, 17 de marzo De 10:30 h a 14.00h e de 16:30 a 20:30 h

- Domingo, 18 de marzo: De 10:30 h a 14.00h e de 16:30 a 20:00 h. Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00 a 16:00


Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas  antes do 28 de febreiro de 2018

A Folla de Inscrición  e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:

a) Na  Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial- (Praza do Concello s/n)

b) Por correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ;

As inscricións que se queiran realizar e estean fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase  aos participantes que coa súa firma na folla de inscrición, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguinte dirección:

Concello de Verín - Praza do Concello,  s/n 32600 Verín- Ourense.

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento. A candidatura só será efectiva unha vez, que se sexa aceptada e confirmada a participación pola organización  e realice o pagamento tras a inscrición previa , nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento a organización por calquera outra forma recollida previamente (en oficina, e-mail ou fax).


Valor da inscrición:

Aluguer de stands (medidas únicas de 3x2m) 6m2 de espazo

  • 70 € Participantes da Comarca Verín-Monterrei e participantes da Eurocidade Chaves-Verín.
  • 90 € Resto de participantes.

 A cota de inscrición inclúe: stand, rótulo, iluminación e punto de luz


Formas de Pagamento:

? En efectivo (ingreso na sección de Tesourería do Concello de Verín – planta baixa)

? Transferencia bancaria: nº de conta   ES70-0081-2224-97-0001005508 (BANCO SABADELL)

Importante indicar en CONCEPTO:  FEIRA DO LÁZARO 2018 + Nome do Participante


Distribución, selección e Normas dos stands exteriores

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos.

Terán prioridade a participación comarcal, a antigüidade na participación no evento, así como a posesión do carnét de artesán. Sendo imprescindible para poder pechar a solicitude haber sido aceptado pola organización, realizado o pagamento efectivo e enviado o comprobante unha vez seleccionado como participante.

O montaxe e  decoración do espazo interno deberá ser realizadas ata ás 17:30 do venres día 16 de marzo. A desmontaxe deberá ser realizado ao finalizar a feira o domingo. Ë obrigatorio o cumprimento dos horarios de inicio e peche das feiras.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é de responsabilidade dos/das ocupantes.

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, A organización non se responsabiliza do prexuízo causado no interior dos stands. (roubos, destrozos, etc...)

O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

As paredes dos stands son en melamina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas. Os stands de exterior dispoñen dunha persiana.


Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.


Consideracións Finais

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.


DESCARGA AQUÍ A FOLLA DE INSCRICIÓN

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac