Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mostra fotográfica aérea “Entrenubes”, de Antonio Martín Vaz, na Sala de Exposicións de Verín
Mostra fotográfica aérea “Entrenubes”, de Antonio Martín Vaz, na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 17 Febreiro 2018 13:16

Desde o 20 de febreiro ata o día 14 de marzo , a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Momentos sen tempo”, exposición fotográfica aérea de Antonio Martín Vaz.

«O castelo de Monterrei é o gran Señor do Támega. Desde a súa posición privilexiada domina todo o val que se estende aos seus pés desde Laza ata Portugal. A súa imaxe inesquecible fai de faro durante a noite e de referente de día. Longos séculos de historia, de grandeza e decadencia, de reconstrucións e abandonos, de esperanzas e decepcións fixeron del o emblema dunha Comarca e fonte inesgotable de inspiración. Esta exposición tenta render homenaxe á súa grandeza, cunha serie de fotografías tomadas desde outro punto de vista, desde as alturas, a vista de dron».  (Antonio Martín)




Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17:00 h a 21:00 h; sábados, 10:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 20:30 h.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac