Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle a conferencia “Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego” de Víctor F. Freixanes e María Dolores Cabrera.
A Biblioteca de Verín acolle a conferencia “Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego” de Víctor F. Freixanes e María Dolores Cabrera. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Febreiro 2018 11:38

O vindeiro venres 23 de febreiro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Pública do Concello de Verín acolle a conferencia “Monterrei capital histórica do libro en galego. Dos manuscritos medievais á edición do libro en galego” de Víctor F. Freixanes e María Dolores Cabrera.

Freixanes, presidente da RAG (Real Academia Galega), expoñerá unha visión global do libro en galego, partindo de Monterrei e a primeira imprenta de Galicia, ata chegar ao día de hoxe, e María Dolores Cabrera, licenciada en Filosofía e Letras, membro da comisión encargada de elaborar a primeira Lei do libro e da lectura, (2006) e Padroeira da Fundación Fermín Penzol, centrarase nos fondos de devandita institución.


 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac