Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Xunta de Galicia entrega un desfibrilador a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín
A Xunta de Galicia entrega un desfibrilador a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Febreiro 2018 12:47

José Olivier Reboredo (xefe de servizo) e Diego Nuñez (xefe de área), en representación do Servizo Provincial de Emerxencias de Ourense entregaron este novo equipamento, na casa consistorial verinesa, ao alcalde, Gerardo Seoane, a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago e o responsable local da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Manuel Alfonnso Araújo, co fin de que a vila poida contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia.

Así pois, a Xunta entregou un total de 157 desfibriladores destinados aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer en calquera punto da nosa comunidade.

Desde a Xunta de Galicia fíxose fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido tan importante como son as emerxencias, que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns galegos, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais.

As unidades do 061 conseguen reanimar a unha media de 700 vítimas ao ano e trasladar con vida ao hospital a un 40%. Neste sentido, desde a Xunta destacouse que en Galicia lidérase a implantación de desfibriladores para o seu uso pola poboación xeral, a formación sistemática cunha estratexia poboacional dos nenos e nenas en soporte vital básico e, tamén, a innovación tecnolóxica para mellorar a asistencia ás vítimas da morte súbita.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac