Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Anxo Lorenzo visita a Biblioteca de #Verín, premiada en 2017 co María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura
Anxo Lorenzo visita a Biblioteca de #Verín, premiada en 2017 co María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Marzo 2018 20:20

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, realizou esta tarde unha visita á Biblioteca Pública Municipal de Verín, onde tivo ocasión de coñecer as instalacións, os servizos e as principais iniciativas que desenvolve o noso centro bibliotecario.

Acompañado polo alcalde do municipio, Gerardo Seoane Fidalgo, e pola xefa territorial da Consellería de #Cultura#Educación na provincia de Ourense, Luz Fernández Quintas, o secretario xeral interesouse polo proxecto de voluntariado cultural de animación á lectura, polo que a biblioteca foi galardoada en 2017 co Premio María Moliner, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na categoría de mellor proxecto de animación á lectura de municipios entre 5.001 e 20.000 habitantes.

Durante a visita, o secretario xeral tivo ocasión de felicitar algúns dos voluntarios que participan neste proxecto de dinamización do hábito lector.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac