Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conferencia "José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, promotor do avance do análise químico", na Biblioteca de Verín
Conferencia "José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, promotor do avance do análise químico", na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Marzo 2018 14:11

Mañá 8 de marzo, ás 19:30 horas, terá lugar na Bibioteca Municipal de Verín a conferencia "José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, promotor do avance do análise químico", impartida por Elena Falqué, profesora Universidade de Vigo. Devandita conferencia está enmarcada no Ciclo temático “Termalismo de Verín, as orixes”.

José Casares Gil (1866-1961), químico e farmacéutico galego, modernizou o ensino e a práctica da química, polo que foi o precursor do desenrolo actual da Química en España.  Tamén foi autor do ‘Tratado de Análise Químico’ e unha das súas liñas de investigación estaba centrada na análise das augas minerais.

Na presente conferencia farase un percorrido pola súa vida, con breves apuntes dos seus traballos en tres laboratorios (Facultade de Farmacia de Barcelona, Facultade de Farmacia de Madrid e o Laboratorio Central de Aduanas) e das súas viaxes e colaboracións con científicos de Alemaña, principalmente, Francia e Estados Unidos, que lle permitiu tecer unha importante rede internacional de contactos e que supuxo, xunto con numerosos compañeiros e alumnos, o inicio da escoa de investigación.

Elena Falqué

Licenciada en CC. Químicas (1990) e en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (1996). Doutora en Química (1998), especialidade Química Analítica. Realizou gran parte da Tese Doutoral en Burdeos (Francia) e, posteriormente, fixo varias estadías postdoutorais en Oporto (Portugal).

Profesora Titular da Universidade de Vigo (2007), centrou a súa actividade investigadora no desenrolo das metodoloxías analíticas para a determinación de diversos compostos en diferentes matrices agroalimentarias (viños, augas, grelos, flores, algas, aceites, residuos de industrias alimentarias…), para caracterizalos e diferencialos de produtos similares ou con diferente orixe. Tamén para optimizalo proceso tecnolóxico de obtención, así como para garantir a calidade dos mesmos.

Devandita conferencia está enmarcada no Ciclo temático “Termalismo de Verín, as orixes” que estará composto por cinco conferencias, impartidas por relatores de primeiro nivel, nas que se ofrecerá aos asistentes unha visión do pasado máis remoto do termalismo en Verín (orixes ancestrais e o seu culto á auga, e a vinculación da auga e a súa relixiosidade) e o seu pasado máis recente centrado no tempo do esplendor dos balnearios.


OUTRAS CONFERENCIAS DO CICLO TEMÁTICO “TERMALISMO DE VERÍN, AS ORIXES”

9 de Marzo:

"Os Directores - Médicos e os balnearios de Verín", conferencia de Juan A. Rguez. Sánchez, profesor Universidade de Salamanca.

Os factores que concorreron para facer da Hidroloxía Médica unha especialidade foron ben distintos ós doutras disciplinas vinculadas ó desenrolo hospitalario e tecnolóxico. Dende esta perspectiva, o seu proceso de profesionalización estivo marcado con máis frecuencia polas intervencións individuais dende o poder (a creación dun Corpo de Médicos-Directores de Baños, dunha cátedra o dun instituto de investigación) que polas necesidades e actuacións de aqueles que se dedicaron á clínica hidrolóxica. As pautas de lexitimación impostas foron alleas á realidade do balneario, incapaces de adaptarse á súa evolución e ineficaces na conciliación dos intereses de empresas e médicos. O seu paradoxal efecto foi o de minar o desenrolo asociativo e científico da especialidade.

Juan A. Rguez. Sánchez:

Doutor en Medicina e Profesor Titular de Historia da Ciencia na Universidade de Salamanca. Desde a súa tese doutoral, unha das súas principais liñas de investigación foi a historia das augas mineiro-medicinais, os balnearios, a  hidroloxía médica e a hidroterapia tanto científica como alternativa. Algúns dos seus traballos sobre estes temas foron recoñecidos con algúns galardóns nacionais como o Premio Hernández  Morejón á súa Historia dos Balnearios da Provincia de Málaga ou o Premio  Uriach pola súa biografía do médico-director de Baños José Salgado e Guillermo. Publicou libros e artigos nos que tratou os balnearios de Andalucía ou de Castela e León, a institucionalización da  Hidroloxía Médica, a relación dos espazos balnearios co nacemento da fisioterapia ou os establecementos  hidroterápicos urbanos.

No ámbito docente foi acredor ao Premio de Educación Médica da Fundación  Lilly. Na actualidade as súas investigacións están máis enfocadas á historia da  poliomielitis, a síndrome post- polio e as enfermidades raras e esquecidas, sendo investigador principal do proxecto “Investigación, redes asistenciais e  empoderamiento: respostas sociais e científicas ás enfermidades raras na Península Ibérica (1940-2015)”.

 

15 de Marzo: O Culto á Auga

a. "As saunas da Idade do Ferro no Noroeste Peninsular", conferencia do Profesor Marco V. García Quintela. Profesor Universidade de Santiago de Compostela.

A relativa uniformidade das vivendas, rúas e murallas dos castros racha ca identificación de edificios destinados a saunas. Identificados os primeiros restos dende o século XVIII no norte de Portugal (a pedra formosa de Briteiros e a “cova” de Sanfins), non foi ata o período entre os anos 50 e 75 que finalmente se recoñeceron como destinados á función de saunas. Coñécense uns 24 casos distribuídos por metades case que iguais entre a zona cantábrica e o territorio entre o Douro e o Miño (coa excepción da sauna de Armea, Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, Ourense).

O seu estudo centrouse na acumulación de novos exemplos, escavacións, datacións…, pero levados a cabo dun xeito moi desigual, derivado isto de iniciativas de investigación particulares. Na actualidade o debate mais forte xira en torno á cronoloxía, e derivado dela, a súa función. Pero, doutra banda, paralelos etnográficos amosan a complexidade cultural que pode estar detrás da construción e uso das saunas. Se engadimos a súa singularidade material, todo leva a consideralas o reflicto material dunha complexa concepción ideolóxica de tradición indo-europea e celta.

Xunto á exposición sobre a materialidade das saunas e as súas peculiaridades, García Quintela intentará ofrecer unha explicación do seu sentido ideolóxico baseándose nunha lectura minuciosa do rexistro material.

Marco V. García Quintela:

Dende a súa tese doutoral tivo como obxecto de estudo principal as relacións entre o pensamento e a sociedade. Ten usado diversas fontes literarias (literatura clásica, crónicas medievais, haxiografía), ou testemuñas arqueolóxicas, sobre distintos períodos e zonas (Grecia arcaica, Roma primitiva, Hispania, Galicia protohistórica e cristián-primitiva, Galia protohistórica e Alto imperial), colaborando con especialistas de diferentes campos.

 Desde hai quince años ocúpase das “topoloxías comparadas” aplicado ás relacións entre o espazo e o pensamento con tres libros publicados (Le pendu et le noyé des monts Albains, Bruselas: Atomus, 2007; Santuarios da Galicia Céltica, Madrid: Abada, 2008, con M. Santos Estévez; en El Árbol de Guernica. Madrid: Abada, 2013, con F. Delpech). En particular, dende hai dez años, ten introducido a astronomía na cultura e na comprensión “topolóxica” dos procesos intelectuais en colaboración co astrofísico e arqueoastrónomo A.C. González García con quen teño asinado 17 traballos. Dúas subliñas téñenme ocupado especialmente: A primeira estuda a pegada arqueolóxica das cosmovisións, con traballos sobre as saunas da Idade do Ferro no NO de Hispania; sobre a “arquitectura ambigua” como unha forma de expresión relixiosa da Idade do Ferro; ou sobre a paisaxe cristián da Gallaecia.

 A segunda, desenvolvida con A.C. González García, son estudios de astronomía na cultura (orientación esta que impregna parte da subliña anterior). Esta subliña tennos levado a estudar como se produce a cristianización do espacio-tiempo pagán na Gallaecia. Dela deriva a investigación sobre a Galia iniciada no 2014 con cinco artigos publicados e outros en prensa ou en preparación. Nesta subliña inclúese o libro propio Le mythe de fondation de Lugdunum en proceso de escritura.

 Como xestor de ciencia coordina dende 2004 o grupo de investigación da USC, GI-1919 Síncrisis, Investigacións en Formas Culturais, o primeiro grupo da Universidade de Santiago de humanidades por produtividade científica en 2013-2015. Entre 2007 e 2015 dirixiu unha serie de monografías do CSIC Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio e dende xaneiro de 2013 é secretario do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC.

 

15 de Marzo:

b. "O baño das ánimas: unha aproximación ó termalismo antigo como precedente pagán ó Purgatorio", conferencia de Dolores Glez. Licenciada en Filoloxía Hispánica, investigadora e docente da Universidade Santiago, creadora do blog Arqueotoponimia, dedicado ao estudo da toponimia, arqueoloxía e folclore galegos.

No recente estudo de Sergio Ríos González sobre os baños castrexos do noroeste da Península Ibérica (Ménsua Ediciones, 2017) dedícase un amplo capítulo a negar a función transcendental del termalismo prerromano: “Os defensores da orixe prerromana e autóctona do termalismo castrexo descartan o seu mero carácter hixiénico ou lúdico, outorgándolle de forma más o menos explícita, un certo grado de transcendencia”. Segundo Ríos, estes autores consideran, sen argumentos sólidos, que o termalismo antigo é unha manifestación de carácter relixioso e cultual, ou vencéllano a ritos de paso e iniciación dende un enfoque antropolóxico.

 

Neste traballo, Dolores González busca sumarse ós autores mencionados por Ríos demostrando que efectivamente, o termalismo non foi concibido na antigüidade como unha mera actividade hixiénica, senón que integraba un complexo ritual de purificación destinado a obter a salus (termo que en latín significaba saúde física, pero tamén salvación espiritual). Proba delo é que en saunas e termas colocouse o sitio do primitivo Purgatorio, precisamente por conectar estes lugares co Inframundo, é dicir, ca xeografía mítica do Inferno pagán, O Alén.

 Dolores González de la Peña:

É Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, onde exerceu a docencia como profesora de Lingua Española e Lingüística Xeneral durante dous cursos académicos. Adscrita ó Departamento de Teoría da Literatura formou parte do equipo que desenvolveu o proxecto de investigación Cronología de la Literatura Española (editorial Cátedra), así mesmo, catalogou e informatizou os fondos bibliográficos da Fundación Camilo José Cela. Na actualidade traballa no sector da administración de empresas e é autora do blog Arqueotoponimia.

  

16 de Marzo: video_conferencia

"Cultos termais hispanos: A Galicia antiga", conferencia do Profesor Francisco Díez de Velasco, Facultade de Humanidades (sec. Historia). Universidade de La Laguna, Santa Cruz de Tenerife.

 Nesta conferencia, Francisco Díez fará una revisión da diversidade relixiosa e o cambio relixioso que se produciron na Península Ibérica, cunha especial referencia á zona galaica, co impacto romano tomando os cultos termais como guía. Revisarase tamén o fenómeno da tendencia á abstracción relixiosa desde os cultos concretos como proceso partindo das divindades indíxenas ata as plenamente romanas.

 Francisco Díez de Velasco

É catedrático da Universidade da Lagoa (perfil: historia  das relixións). É doutor en Historia e Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural. De entre as súas publicacións destacan: Religiones en España: historia y presente (Madrid, Akal, 2012); Introducción a la Historia de las Religiones (3ª edición, Madrid, Trotta, 2002); Los caminos de la muerte (Madrid, Trotta,1995); Lenguajes de la religión (Madrid, Trotta, 1998), La historia de las religiones: métodos y perspectivas (Madrid, Akal, 2005), Breve historia de las Religiones (Madrid, Alianza, 2006, nueva edición 2014). Sobre o tema do termalismo antiguo destacan: Termalismo y religión. La sacralización del agua termal en la Península Ibérica y el norte de África en el mundo antiguo, (Madrid, Servicio de publicaciones de la Universidad Complutense, 1998, 180 pp. (Monografías de Ilu nº1).

 É editor da revista  Bandue. Revista da Sociedade Española de Ciencias das Relixións. Coordina o grupo de investigación da Universidade da Lagoa  HISTOREL (Historia das Relixións). Imparte as materias de Historia das relixións (Grao en Historia,  ULL), Diversidade relixiosa e integración cultural (Grao en Antropoloxía,  ULL) e teoría e metodoloxía da historia das relixións (Máster en Ciencias das Relixións  UCM). Membro do Instituto Universitario de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade da Lagoa e do Instituto de Ciencias das Relixións da Universidade Complutense. É na actualidade Investigador principal do proxecto "Bases teóricas e metodolóxicas para o estudo da diversidade relixiosa e as minorías relixiosas en España" ( HAR2016-75173- P) do Ministerio de Economía e Competitividade de España, 2017-2020. É Académico Correspondente da Real Academia da Historia.

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac