Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Centos de mulleres acoden ós actos comarcais convocados polo Centro de Información á Mulleres da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e Femuro
Centos de mulleres acoden ós actos comarcais convocados polo Centro de Información á Mulleres da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e Femuro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Marzo 2018 16:16

O CIM, xunto con outras entidades sociais agradecen a enorme participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller. Un manifesto cheo de reivindicación transmite a necesidade da comarca por continuar defendendo o camiño cara a igualdade.

As 12 do medio día comezou o acto, no que a cor violeta, fotos ilustres de mulleres galegas, flores “sempre vivas” e música feminista amenizou o inicio da manifestación. A voz da mocidade, alumnado do IES Taboada Chivite rompeu o silencio, con unha mensaxe emotiva pero contundente. O evento deu paso a unha unha muller voluntaria, que leu o manifesto que o CIM xunto a Femuro (Asociación de Mulleres Rurais) elaboraron tendo en conta as voces de mulleres que cada día acoden ós seus servizos. Pero, sen lugar a dúbidas o momento máis emotivo foi cando ó final, unha muller empoderada supervivente da violencia de xénero decidiu defender ó resto de mulleres que sofren violencia á través da súa experiencia persoal.


“Dende o CIM, quxeron lanzar a mensaxe de que se senten "profundamente satisfeitas e orgullosas pola gran acollida que está tendo na comarca as diferentes iniciativas que se están a promover, e que este tipo de iniciativas se levan a cabo para defender aquelas mulleres que hoxe, por motivos diversos non poden”.

Dende as organizacións sociais implicadas coa defensa da igualdade e a loita contra a violencia de xénero continuaremos o noso traballo diario, e pedimos ós concellos que nos sigan apoiando para poder promover máis iniciativas educativas e culturais pola defensa dos nosos dereitos. Consideramos que a igualdade é una peza fundamental para a que a nosa sociedade evolucione.

Dende o CIM levaranse a cabo outras actividades para promocionar a igualdade nos próximos días en diferentes ámbitos, no educativo con un taller sobre a”Historia do Feminismo” destinado a alumnado de bacharelato e un taller aberto sobre “Contratación responsable”, que se levará a cabo o luns 12 de marzo ás 20:30h nas instalacións de AEVER.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac