Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Actividades infantís pedagóxicas, o Tunel do Viño, unha mostra de vehículos de ocasión e un torneo de golf, principais novidades do Lázaro 2018 de Verín
Actividades infantís pedagóxicas, o Tunel do Viño, unha mostra de vehículos de ocasión e un torneo de golf, principais novidades do Lázaro 2018 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Marzo 2018 13:57

O Concello de Verín presentou esta mañá o programa oficial de actividades para o Lázaro 2018, que aglutina máis de trinta actividades de todo tipo para “recuperar o esplendor de antano” desta festa patronal de Verín que terá lugar os días 16,17 e 18 de marzo. Este ano, como novidade destacan unha completa selección de actividades infantís pedagóxicas, o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf) e unha mostra de vehículos de ocasión.

Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a Feira do Libro, Feira de Artesanía, o Museo do Claustro dos Mercedarios (MCM), competicións de BTT, atletismo, fútbol e natación, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro” -tamén estendidos ó pincho xoves-.

O programa foi presentado por Gerardo Seoane, alcalde de Verín e concelleiro de Deportes; Purificación Caldelas, concelleira de Turismo e Comercio; Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos e Tamara Balboa, coordinadora de actividades do Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas.

“Este ano continuamos asentando os piares para lograr que estas tradicionais festas recuperen o esplendor que tiñan fai anos. Para iso, este ano ofrecemos novas e variadas propostas” explicou Gerardo Seoane. “Esta é a intención deste Lázaro multicartel, con máis de trinta de actividades distribuídas por toda a vila, para todos os segmentos de público e tódalas idades” que se desenvolverán dende o venres á noite a durante toda a fin de semana.

No ámbito dos deportes, Gerardo Seoane, quixo destacar que, “como novidade, celebraráse nos Remedios o primeiro torneo de Golf, na modalidade Pitch and Putt, que xunto coas competicións de BTT, atletismo e natación, e o partido de veteranos entre os equipos de Chaves e Verín, conforman as cinco propostas deportivas do Lázaro 2018.”

Por outro lado, Tamara Balboa, coordinadora de actividades do CDR PORTAS ABERTAS, confirmou que a Feira Agro + Verín contará durante os días 17 e 18 de marzo cunha interesante feira de mostras, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín, repleta de actividades, todas relacionadas relacionadas cos cambios experimentados no rural e nos traballos que antano se practicaban, conxugando tradición e innovación. “Este ano como novidade, contaremos tamén co Túnel do Viño da D.O Monterrei”, explicou Balboa.

Pola súa banda, Purificación Caldelas quixo facer especial fincapé no completo programa de actividades pedagóxicas infantís programado para as festas no Pavillón Municipal durante os días 17 e 18 de marzo. “ Atendendo a temática da  Feira  do Lázaro, consideramos que sería  moi acertado  traballar con  obradoiros sobre a  natureza,  as habilidades  manipulativas e sobre a  creatividade”. Por último, Caldelas explicou que, para complementar o programa, este ano haberá unha mostra de  vehículos de ocasión na rúa Irmáns Moreno.

No que actividades musicais e culturais se refire, Emilia  Somoza,  concelleira de Cultura e Festexos, destacou que se mantén a liña de programación das anteriores edicións “ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público. “Do mesmo xeito que en anos anteriores, a Praza da Mercé  acollerá, durante os días 16, 17 e 18, a Feira de Artesanía, na que participan 19 stands, o Museo Claustro Mercedarios ( MCM), con  novas salas e exposicións, e a Feira do Libro, cuxo programa será presentado o vindeiro luns 12 en Verín xunto cos representantes de Federación de Librarías de Galicia,  coorganizadores da mesma.


MENÚ ESPECIAL LÁZARO

A Asociación de Hostaleiros dá Comarca de Verín promove, coa colaboración do Concello de Verín,  o menú “Especial Lázaro” ” -tamén estendidos ó pincho xoves de esa semana- co fin de promocionar os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 12 e os 35 €, estarán dispoñibles durante as dúas xornadas  da Feira do Lázaro.

O deseño da cartelería e elementos gráficos de esta edición correu a cargo do deseñador gráfico verinés, Jorge Godás Limia.


PROGRAMA COMPLETO

(descarga aquí o programa en pdf)


III EDICIÓN ESPECIAL DEPORTES

TORNEO DE NATACIÓN (17 de marzo)

10:30 horas

Piscina Climatizada de Verín

+ info: Telf.: 988 414 184 – 609 888 618


III CARREIRA URBANA (18 de marzo)

10:30 horas

Praza García Barbón

Inscrición gratuíta: até xoves dia 15  de marzo ás 00:00 horas na tenda Multisport Verín (rúa Irmáns Moreno) ou mediante correo electrónico dirixido a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome completo e data de nacemento.


I TORNEO PITCH & PUTT (17 de marzo)

Instalacións de Pitch & Putt (Os Remedios)


Para participar no campionato será necesario inscribirse a través dos teléfonos 608887035 ou 609824943, ou ben vía mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .


III RUTA BTT (18 de marzo)

10:00 horas

Praza García Barbón

Para participar será necesario inscribirse, de maneira gratuíta, a través dos portais web SPORTMANIACS e BICICLETAS MATÍAS, vía mail en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 649439934/988411876.


PARTIDO DE VETERANOS DE FÚTBOL ENTRE OS EQUIPOS A.D VETERANOS VERÍN - G.D CHAVES (17 marzo)


FEIRA AGRO-TECNOLÓXICA E DE ALIMENTACIÓN  AGRO+VERÍN  (17 E 18 de marzo)

Pavillón Municipal de Verín

Horario

Sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas

Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas


Inauguración oficial: Sábado 17, ás 12:00 horas


ACTIVIDADES

TÚNEL DO VIÑO DA D.O MONTERREI

17 e 18 de marzo

HORARIO

12:00 – 14:00 h / 18:00 – 20:30 h


Sábado 17

12:00 – 14:00 h TALLER DE CESTERÍA TRADICIONAL

17:00 – 18:30 h OBRADOIRO DE PAN ARTESÁN

19:00 – 20:00 h TALLER FAMILIAR DE RECICLAXE


Domingo 18

12:00 h CATA DE VIÑOS DA D..O  MONTERREI *

17:00 – 18:15 h SOWCOOKING “USOS E APROVEITAMENTOS DAS ESTRUGAS”

Para participar nas actividades será necesario inscribirse previamente no stand da organización situado no Pavillón Municipal.

* A preinscrición para a Cata de Vi realizarase directamente na D.O MOnterrei.


EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS DE OCASIÓN

Rúa Irmáns Moreno

Horario

Sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas

Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas


CONCESIONARIOS PARTICIPANTES: Afiauto S.L, Martínez Multimarca, Autos Moncho (Concesionario Ford), Abi Automóviles, Talleres Agripino S.L, Eurorepar Talleres Regueiro.


ACTIVIDADES PEDAGÓXICAS INFANTÍS (17 E 18 de marzo)

Pavillón Municipal de Verín

10:30h-11:30h NENOOS NATURA (3 a 9 anos)

“Coñeceremos e experimentaremos técnicas de reciclado e aforro.”

12:00h-13:00h NENOOS EMPRENDEDORES ( 6 a 13 anos)

¿Seremos capaces de mellorar a agricultura e a artesanía? Creatividade aplicada as profesións e os gastos dos procesos de creación de prototipos

16:30h-17:30h NENOOS E OS ANIMAIS RAROS ( 3 A 9 ANOS)

¿Qué son os animais raros? Coñeceremos algúns deles?

18:00h-19:00h NENOOS EMPRENDEDORES ( 3 a 5 anos)

Contos tradicionais, creatividade, habilidades sociais e xogos de

achegamento a economía diaria dos adultos.

19:30h-20:30h NENOOS RECONSTRUÍNDO A HISTORIA ( 8 A 13 ANOS)

Coñeceremos culturas antigas e reconstruiremos as súas construcións

arquitectónicas máis coñecidas co Sistema Lupo.


Inscrición previa NENOOS Ourense | 687 285 913 | Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


FEIRA DE ARTESANÍA (16, 17 e 18 marzo)

Praza da Mercé

- Inauguración oficial:  16 de marzo ás 19:30 horas.

Horario

Venres tarde: 18:00 a 21:00 horas.

Sábado: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.30 horas.

Domingo: 10.30-14  e de 16.30 a 20.00 horas.


EXPOSITORES 

  • XESTAS: camisetas, sudadeiras e complementos elaboradas artesanalmente
  • ESPIRITO DO BOSQUE: sacos térmicos, goma eva, bixutería feita a man
  • TUCOIRO-MACEDA: artesanía en coiro, cigarróns, bolsos, carteiras, cinturóns
  • O MEU CANTO – OVAR: traballos personalizados: carteiras, gorras, complementos infantís realizados en fieltro
  • PATO XOIEIRO: artesanía en prata
  • ROSA ARTESANÍA: pulseiras, pendentes feitos a man
  • AUROARTE: traballos en arxila polimérica
  • LAS COSAS DE MI MADRE: complementos infantís feitos a man en fieltro
  • ARTESANATO SANTOS: bordados en punto de cruz, e cestería
  • MORENITA PERCUSIÓN: instrumentos musicais elaborados artesanalmente
  • GRABADOS JEIMAR: artesanía en pedra, gravados en xeral, caretas, pedra tallada e gravados
  • BANGUS MAMAIÉ LALÉ: roupa infantil, complementos vintage, complementos téxtiles
  • ALICOURO-AMARANTE: Produtos elaborados en coiro, calzado, alfombras de pel
  • A. LOPES ARTE A OLIO: pintura ao óleo
  • ARTESANÍA GOYANES: artesanía en coiro e pedra natural
  • SACANDOVIRUTAS: talla en madeira, reloxos, escudos, colgachaves, colgantes, escachanoces, miniaturas etnográficas
  • VERA CUCHILLERÍA: coitelería artesanal

FEIRA DO LIBRO

Praza da Mercé

- Inauguración oficial:  16 de marzo ás 19:30 horas

Horario

Venres tarde: 18:00 a 21:00 horas.

Sábado: 10.30-14:00  e de 16.30 a 20.30 horas.

Domingo: 10.30-14  e de 16.30 a 20.00 horas.

  

MUSEO CLAUSTRO MERCEDARIOS –MCM- (16, 17 e 18 de MARZO)

Claustro dos Padres Mercedarios

Novas salas e contidos no Museo Claustro Mercedarios

Horarios

Venres: 19:00 A 22:00 horas

Sábado: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 21:00 horaS


ACTUACIÓNS MUSICAIS

VENRES 16

Praza Mercé

19:30 h: Banda de Gaitas de Verín (Inauguración Feira do Libro e Artesanía)


SÁBADO 17

Pavillón de Deportes de Verín e Pasarrúas

12:00 h: DixieKings (Inauguración Feira Agro+ Verín)


Praza García Barbón

17.30 h: Concerto banda conservatorio

00:00 h: Orquestra Triunfo


DOMINGO 18

Pola maña: Pasarrúas Banda de Vilaverde da Raia

Misa e procesión


Praza García Barbón

18.00 h Actuación Candaira

19:30: Orquestra Gran Parada


GASTRONOMÍA

MENÚS HOSTALEIROS

A Asociación de Hostaleiros dá Comarca de Verín promove, coa colaboración do Concello de Verín,  o menú “Especial Lázaro” co fin de promocionar os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 12 e os 35 €, estarán dispoñibles durante as dúas xornadas  da Feira do Lázaro.

Establecementos participantes no menú “Especial Lázaro”: Restaurante Brasil, Lugano, A Fonte, O Augueiro, San  Roque, Casa Manola, O Castelo, O Candil, Casa Nela, Parador de Turismo de Monterrei, O Recuncho da Jacinta, Regueiro da Cova, Restaurante Zapatillas.


RESTAURANTE BRASIL

Petiscos da casa

Ensalada de bacallau con pementos de Oímbra

Asado de cabuxo do Val de Monterrei

Petiscos caseiros

Prezo: 20 €

________________________

Petiscos da casa

Trufados e Ibéricos da casa

Papillote de bacallau con verduras

Postres caseiros

Prezo: 19 €


RESTAURANTE CASA MANOLA

Petiscos da casa

Carpaccio de bacallau

Entrecot de tenreira galega á brasa

Petiscos caseiros

Prezo: 20 €

Revolto de xamón con pementos de Oímbra

Bacallau estilo Manola

Petiscos caseiros

Prezo: 19 €


RESTAURANTE PARADOR DE TURISMO DE VERÍN

Entradas ao centro para compartir

Lascas de lacón prensado a feira con AOVE

Ensalada de canónicos con dados de queixo San Simón e vinagreta de uvas pasas

Croquetas artesás de cocido

Cunca de caldo galego con grelos e chourizo


Prato principal a elixir entre:

Bacallau al forno con salsa de queixo Arzua-Ulloa

ou

Entrecot de tenreira trinchado a la grella con patacas risoladas e pementos

Filloas reenchas de crema de mazá asada

Con brocheta de froita

Lagrimas do Támega Godello D.O. Monterrei

Glorioso crianza D.O. C.A. Rioja

Copa de cava

Augas minerais, café ou infusión

Prezo: 35 €


HOSTAL RESTAURANTE O AUGUEIRO

Empanada de bacallau

Cordeiro a prancha

Petiscos caseiros

Prezo: 16 €


Polbo a Feira-bacallau ao Augueiro

Petiscos caseiros

Prezo: 18 €


RESTAURANTE O CANDIL

Primeiros:

Empanada de bacallau

Caldo galego

Pementos recheos

Segundos:

Bacallau ao forno

Chuletón de tenreira

Rntrecot ou cordeiro asado

Postres, café

Prezo: 22 €


RESTAURANTE SAN ROQUE

Suflé de Grelos con migas de bacallau

Cabrito asado con ensalada

Postres caseiros

Prezo: 20 €


O RECUNCHO DA JACINTA

Primeiros:

Empanada

Caldo galego

Pementos de piquillo recheos de marisco

Segundos:

Bacallau ao forno

Tenreira

Cabrito asado

Postres caseiros

Prezo: 20 €


O REGUEIRO DA COVA

Aperitivo da casa

Ensalada de queixo con froitas de tempada

Revolto de grelos con panceta afumada

Carne o caldeiro con cachelos

Torta de queixo con fresas

Tinto D.O. Monterrei

Branco D.O Monterrei

Cafés.

Prezo: 18€


Cachucha prensada con crema de garavanzo

Carne o caldeiro con cachelos

Torta de queixo

Viño branco e tinto D.O.

Augas de Monterrei

cafés

Prezo: 16€


Aperitivo da casa

Langostino grella con ali-oli suave

Revolto de grelos con panceta afumada

Cachucha prensada con crema de garavanzo

Taco de tenreira de Monterrei estufada con guarnición de tempada

Bacallau gratinado con maonesa de castañas

Cremoso de limón con sorbete de limón

Tinto e branco D.O.

Augas de Monterrei

Cafés.

Prezo: 24,90 €


RESTAURANTE A FONTE

Primeiros a elixir:

Paella de marisco, salpicón de marisco, mexillóns a marinera, melón con xamón, caldo galego

Segundos a elixir:

Bacallau con pasas, piñós e cebola caramelizada

Entrecot de tenreira

Churrasco de tenreira

secreto de porco ibérico

cordeiro ao forno

Pan, viño, sobremesa, café

Prezo: 15€


RESTAURANTE O CASTELO

Primeiros a elixir:

Zamburiñas gratinadas con grelos

Pementos de piquillo recheos de bacallau

Segundo prato

Cordeiro ao forno

Viño D.O.

Sabremesas caseiras

Prezo: 20€


RESTAURANTE LUGANO

Primeiro prato: Lombo de sardiña afumado con cama de tomate; salpicón de marisco; táboa de chacina

Segundo prato: Bacallau ao forno ou cabrito asado

sobremesa caseira

Prezo: 20€


Pincho Lázaro

Por outra banda, o xoves 15 e durante as festas, os establecementos de AEHCOM adscritos a iniciativa ofrecerán o “Pincho Lázaro”, edición temática do tradicional “Pincho Xoves” de Verín.

Establecementos participantes no “Pincho Lázaro”: Restaurante Brasil, Lugano, O Augueiro, S. Roque, Casa Manola, O Castelo, Gandainas, Restaurante A Fonte Adega do Caneda, cafetería Agora, Parador de Turismo de Monterrei, Souto das candeas, Bar O tixo, Taperia O Recuncho da Jacinta, a Brasa, Tapas a Palleira, Cafetería O Lure, Restaurante Casa nela, Taberna Gallofa, Café Bar Le palace, Café bar A merced, Parrillada A fraga ,Regueiro da cova , Hostal restaurante Ribeiro Claro.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac