Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Sete librarías e unha decena de autores participan na segunda edición da Feira do Libro do Lázaro de Verín
Sete librarías e unha decena de autores participan na segunda edición da Feira do Libro do Lázaro de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Marzo 2018 16:00

Esta mañá tuvo lugar no Concello de Verin  a Presentación Oficial da Feira do Libro que se celebrará na vila dende o  venres dia 16 de marzo ata o domingo dia 18 dentro da programación da Feira do Lázaro. A presentación contou coa asistencia de Gerardo  Seoane, alcalde de Verín, Emilia Somoza, concelleira de Cultura, Mª Luz Fernández Quintas, xefa territorial da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense e José Manuel García, presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense.

O Alcalde da vila Gerardo Seoane mostrouse satisfeito de contar este ano con unha nova edición da Feira do Libro despois do éxito acadado na edición anterior enriquezendo deste xeito o programa de actividades das Festas do Lázaro. Dentro do amplo abanico de actividades da Feira do Libro, Gerardo Seoane quixo destacar a presentación de dúas importantes obras recentemente editadas polo Concello de Verín, por unha banda o libro José García Barbón Soa, Mecenas e Filántropo de Verín, escrito por Gerardo Dasairas e por outra, a unha colección de 17 libros sobre o patrimonio do Alto Támega, chamada "Colección Taboada Chivite do Patrimonio. Volumen 1.“, que será presentada polo seu autor, Bruno Rúa. Desde que entramos no goberno propuxémonos o firme obxectivo editar e facer accesible á poboación unha colección de obras que consideramos son de especial relevancia para o noso concello, mostra desta iniciativa temos estas obras presentadas no marco da feira do libro.”

Por outra banda a Xefa Territorial Mª Luz Fernández quixo deixar constancia da implicación da Xunta de Galicia neste proxecto  no que as novidades editoriais sairán de novo á rúa en 16 concellos galegos (este ano incorpórase Sanxenxo) para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura. Refórzase con iso a dinamización do comercio editorial e facilita o dar a coñecer a creatividade e a calidade literaria galega actual recoñecendo o traballo e o esforzo que leva a cabo todos os anos neste proxecto a Federación de Librarías de Galicia.

Dende a Xunta de Galicia destácase ademais que este é un ano  no que  se conmemoran aniversarios tan importantes como: O cincuentenario de “A Galiña Azul” de Carlos Casares, o noventa aniversario de de “De catro a catro” de Manuel Antonio e no que as Letras Galegas conmemoran a vida e obra de Maria Victoria Moreno.

Así mesmo o Presidente da Agrupación de Libreiros José Manuel Garcia comunicou que a inauguración Oficial da Feira terá lugar o venres dia 16 ás 19,30 h. co pregón da escritora Elena Gallego e destacou un programa que contempla numerosas actividades como presentacións de libros e encontros con escritores. Como homenaxe a Vitoria Moreno, cabe destacar o lema que estará presente en todas as Feiras do Libro, que é “Ler sen fronteiras”.

A Feira estará ubicada na Praza da Merced, en horarios de 18,00 a 21,00 h ( venres 16), y de 10,30-14,00 h./16,30-20,30 h (sábado e domingo).

A programación e a seguinte:

 Día 16. Venres (Horario: 18:00 a 21:00 h)

  • 19.30 h Inauguración da Feira. Pregón a cargo de Elena Gallego. Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín.

 

Día 17 Sábado (Horario: 10:30 a 14:00 h/ 16:30 a 20:30 h)

  • 12:00 h Rocío López asina Olvídate del Cielo e Ladrona de Vidas na caseta da Libraría Monterrei.
  • 12:30 h Preséntase José García Barbón Sola, Mecenas e Filántropo de Verín, de Gerardo Dasairas.
  • 17:00 h Títeres Cascanueces presenta O Gato simple.
  • 18:00 h Rocío López asina Olvídate del Cielo e Ladrona de Vidas na caseta da Libraría Monterrei.
  • 18:30 h Preséntase O xogo de Babel, de Elena Gallego, por Edicións Xerais. Participa Xosé Carlos Caneiro.
  • 19:30 h Falando de libros don Domingo Herbella.
  • 20:00 h Preséntase O códice esmeralda de Alberte Blanco, por Ed. Xerais.

 

Día 18 Domingo (Horario: 10:30 a 14:00 h/ 16:30 a 20:00 h)

  • 12.00 h Preséntase a colección Taboada Chivite de Patrimonio, de Bruno Rúa. Por editorial institucional do Concello de Verín. Participa, Xesús Taboada Cid.
  • 13:00 h Un Bocadillo de... Banda deseñada, con Aurora López.
  • 18:00 h Preséntase Abismo de Pablo José López Morales, por Editorial Círculo Rojo. Pilar  dos Sanjos.
  • 19:00 h Poesía sen idade con Servando Barreiro.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac