Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario recolle unha mostra cos primeiros contactos do Val de Monterrei con outras culturas
O Museo Claustro Mercedario recolle unha mostra cos primeiros contactos do Val de Monterrei con outras culturas PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Marzo 2018 14:11

O Concello de Verín reabre as portas do Museo Claustro Mercedario o próximo sábado ás 12.30 con motivo das festas do Lázaro. Entre os novos contidos destaca a interpretación patrimonial de importantes pezas do pasado do Val de Monterrei, como a Estela do Guerreiro ou Estela do Val, reproducida fielmente a escala real da orixinal que custodia o arqueolóxico de Ourense, e da ara romana de Julio Casio, un soldado de elite dos principios da era cristiá , orixinario de Verín, que militou nas lexións de César Augusto.

A Estela do Guerreiro foi atopada en Castrelo do Val en 2011 por Xosé Luis Lozano e reportada ás autoridades culturais por Bruno Rúa, e dende o primeiro momento  a súa posesión provocou importantes diferenzas entre as autoridades locais e as de patrimonio.


En palabras do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a peza é crucial para afirmar a identidade dos veciños do Val, polo que “optamos, xa que non podemos tela, por expoñer unha reprodución a escala natural, coa debida información sobre a súa importancia”, sen que isto supoña “a renuncia a tela nun futuro, cando se vaia impoñendo a actual conciencia de reubicación in situ dos tesouros patrimoniais”.

A importancia da Estela do Val radica en que se trata dunha peza única en Galicia, pertencente ás apenas cen que existen en Europa, que representa as armas (panoplia) dun guerreiro da idade do Bronce. A maioría destas desta estatuas-menhir proceden  do bronce final, no territorio do que sería Tartessos, a gran civilización peninsular a través da que se iniciaron os primeiros contactos con Grecia, Fenicia e Cartago.

Dende alí, estas “estatuas do guerreiro” se foron expandindo polas principais rutas comerciais, dándose a singularidade de que chegaron a Galicia a través do que co tempo sería a ruta da Prata. A través destes primeiros contactos comerciais chegou a cultura ou a personaxe á que se lle ergueu, aproximadamente mil anos antes de Cristo, a estatua atopada en Pedra Alta, en Castrelo do Val.

Carro e armas

O elemento definitorio destas primitivas “labras heráldicas” que contiñan as armas dos guerreiros da estela son as armas representadas e o carro de guerra, de influencia grega e mediterránea en xeral, que representan.

Trátase pois do primeiro contacto cultural do Val de Monterrei coas culturas mediterráneas, nun período remoto, entre os pobos preindoeuropeos habitantes do val do Támega e as civilizacións exteriores. A través desta conexión se estableceron tamén os primeiros contactos co consumo -que non cultivo- do viño.

Neste sentido, o Museo Claustro Mercedario integra tamén outra peza importante para o pasado do Val de Monterrei. Trátase de outro guerreiro, neste caso un soldado de elite da II Lexión "Augusta”, Julio Casio, veciño de A Cabanca, que tras chegar a oficial voltou á súa terra para dedicar un altar á deidade oficial, Xúpiter Óptimo Máximo.

Así queda recollido na epigrafía da “Ara da Cabanca”, que tamén se reproduce a escala natural no Claustro Mercedario, “recollendo así dous elementos cruciais da nosa historia, que non poden estar onde lles correspondería, entre nós, pero que dende o sábado sí poderán contarlles ós seus descencentes a mensaxe para que foron creados”, sinalou o alcalde.

O alcalde agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia e do Museo Arqueolóxico de Ourense na tramitación dos permisos de reprodución e nas tarefas de reprodución das pezas orixinais, que se custodian nas coleccións permanentes do Claustro de San Francisco (Ourense) -Estela do Guerreiro- en nos almacéns do Museo Arqueolóxico de Ourense -Ara da Cabanca- neste último caso á espera da reapertura do museo de Ourense.

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac