Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O gañador do último premio planeta, Javier Sierra, participará na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín
O gañador do último premio planeta, Javier Sierra, participará na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Abril 2018 12:41

Os vindeiros 25 e 26 de maio, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a primeira edición das “Xornadas de Novela Historica”. Devandito evento, que foi presentado está mañá na Biblioteca pola concelleira de Cultura, Emilia Somoza Basalo, a moderadora do evento, Noa González Sousa e polos xestores da centro, Vicente Rodríguez Justo e Aurora Prieto Tarrío, contará coa presenza de seis autores de primeira fila dentro de este xénero, entre os que se encontra o gañador do último premio planeta, Javier Sierra.

O principal obxectivo destas xornadas e realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran. Para isto, as xornadas contarán coa participación de reputados poñentes da máxima solvencia, con obras que avalan as súas teses, moi respectados no seu campo.


A concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, explicou que “teremos a honra de contar coa presenza  de grandes mestres novelistas do xénero histórico que compartirán con nós a súa paixón, inquedanzas, segredos e coñecementos nunhas xornadas que sen dúbida marcarán a nosa Biblioteca e a Comarca de Monterrei.  O que buscamos e espertar nos asistentes, unha curiosidade por unha temática que sempre está nos rankings de novelas máis lidas, cun  público fiel e constante”.

Pola súa banda, os organizadores do evento destacaron que “para a nós, organizar estas xornadas supón un gran reto, pero tamén un orgullo e unha satisfacción, xa que estamos a contar con poñentes moi destacados, galardoados e respectados na materia”.

 

Programa do Ciclo de Conferencias:

- Venres 25 maio:

-11:00-13:00 h: Taller intensivo de escritura creativa, “Cómo escribir unha primeira novela e publicala”, con Alejandro Corral, modera e

coordina Noa González Sousa.

 

Lugar: Biblioteca do Concello de Verín

Inscrición obrigatoria, máximo 20 persoas.

O presente obradoiro de escritura creativa pode desenvolver a capacidade creativa e as habilidades de escritura dos máis novos, (aínda que está aberto ao todo o público en xeral) potenciando o pensamento diverxente ao finalizar o mesmo. Tamén tratarase o proceso de edición dun libro ata chegar a súa publicación.

  

-18,30 h. Inauguración das Xornadas (con presenza de autoridades de Verín).

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

  

-19,00 h.: José Calvo Poyato: “A novela histórica en España a comezos dos. XX”.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

José Calvo Poyato, autor de novelas como "Sangre en la calle del Turco" ou "El espía del rey", dará a conferencia inaugural sobre “A novela histórica en España a comezos de século XXI”. Calvo Poyato falará sobre a importancia deste xénero no panorama literario español actual e o fenómeno de ventas e autores que colocou á novela histórica coma o tema literario máis demandado e vendido en España nos últimos vinte años.

  

-19,45 h.: José Luis Corral: “Los Austrias”, da historia á novela.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

José Luis Corral, autor de "El Cid" ou "La prisionera de Roma", presentará a súa serie sobre os Austrias, e repasará a importancia desta dinastía no cambio transcendental que provocou na historia de España nos primeiros decenios del século XVI.

  

-20,30 h: Mesa redonda: “¿Pódese aprender historia coa novela histórica?”, con José Calvo Poyato e José Luis Corral; modera Miguel Ángel Losada García.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

 

Sábado 26.

-12:00 h.: Toti Martínez de Lezea: “As minorías e os marxinados na novela histórica”.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

 

Toti Martínez de Lezea, con obras publicadas coma "La abadesa" ou "La universal", é unha das autoras de referencia da novela histórica. Os seus libros normalmente están protagonizados por personaxes anónimos e esquecidos; deles falará nunha charla na que repasará cómo os trata nas súas novelas que son un gran éxito de público.

 

-13:00 h.: Presentación "Batallador", de José Luís Corral e Alejandro Corral: Alfonso I de Aragón e de Castela e a súa presenza en Galicia.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

José Luís e Alejandro Corral, (xove autor de "El cielo de Nueva York"), presentarán a súa novela Batallador, escrita a catro mans co seu pai. A novela ten coma protagonista a Alfonso I de Aragón, Pamplona e Castela, un monarca moi controvertido e de convulsa vida, que casou con Urraca de León e protagonizou boa parte da historia de Galicia na segunda década do século XII.

  

-18:30 h.: Antonio Piñero: “Os Evanxelios e o Santo Grial”.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

Antonio Piñero, autor de "Herodes el Grande" e "El trono maldito", é un dos maiores especialistas europeos sobre Jesucristo, os primeiros anos do cristianismo e do Novo Testamento. Piñero fará unha introdución ao tema do Santo Grial e o papel que desta reliquia, a máis sagrada da cristiandade, cumpre nos Evanxeos.

  

- 19:15 h.: Presentación "El fuego invisible", de Javier Sierra, premio Planeta 2017.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

Javier Sierra, autor de obras tan coñecidas coma "La cena secreta" ou "El maestro del Prado", presentará en Verín a súa novela "El fuego invisible", unha fascinante viaxe en torno ao misterio do Santo Grial. Javier Sierra gañou con esta novela o último premio Planeta. Na súa charla desvelará os grandes misterios da procura que o levou a escribir esta obra.

 

- 20:00 h.: Mesa redonda: “O Santo Grial na novela histórica”, con José Calvo Poyato, José Luís Corral, Antonio Piñero y Javier Sierra; modera Miguel Ángel Losada García.

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

 

- 21:15 h.: Clausura das Xornadas (presenza de autoridades de Verín)

Lugar: Salón de actos.

Entrada libre ata completar o aforo

Poñentes.

Neste apartado non escatimamos, e buscamos unhas persoas con moita bagaxe no seu curriculum, que aporten, coma se comentou no apartado anterior veracidade e verosimilitude nas súas afirmacións.


Deste xeito, temos xa confirmados coma poñentes (podendo incrementarse) as seguintes persoas:

Toti Martínez de Lezea.

Actualmente unhas das escritoras vascas con máis presenza a nivel nacional e internacional, con máis de vinte novelas, a maioría delas de carácter histórico, con máis de cincuenta obras de carácter infantil, tamén é unha experta no Camiño de Santiago, sobre todo no seu paso por Euskadi e Navarra.  Ela mesma defínese coma unha namorada desta ruta ancestral e da cantidade de cultura que deixou en cada paso.

"El jardín de la oca", editado por Maeva, foi a súa obra máis representativa do Camiño de Santiago, e ven representar o cruce de distintos credos na ruta Xacobea.

+ info: http://martinezdelezea.com/

José Luís Corral Lafuente.

Nado en Zaragoza, é Profesor de Historia Medieval na Universidade de Zaragoza e acreditado como catedrático dende o ano 2009, é un dos máis significativos medievalistas en toda Europa, exercendo ademais de coma profesor, coma escritor, colaborador regular en prensa e en programas de radio e televisión, asesor histórico en guións cinematográficos, (o máis significativo foi: 1492: La conquista del paraíso de Ridley Scott).

Ten máis de vinte novelas, de caracter histórico, e outras tantas Obras historiográficas, moitas con referencias ao Camiño de Santiago do que se sinte un namorado.

A súa conferencia estará centrada na figura dos "Templarios e o Santo Grial".

José Calvo Poyato

Catedrático de Historia pola Universidade de Granada?. Como escritor é autor tanto de obras de investigación e de divulgación. Autor de numerosas investigacións que teñen como marco o sur de Córdoba e a propia cidade de Cabra. Publicou numerosas novelas históricas como "La biblia negra", "El hechizo del Rey", "Jaque a la Reina", "El manuscrito de Calderón" o "El sueño de Hipatia" entre outras. A partir do 2005 e coa publicación do "El manuscrito de Calderón", introduciu a personaxe de Pedro, un antigo mosqueteiro dedicado á investigación.

É  membro da Real Academia de Ciencias, Belas Letras e Nobres Artes de Córdoba.

Javier Sierra

Foi o primeiro escritor español (e ata agora o único) que entrou no Top Ten da lista dos máis vendidos de Estados Unidos, elaborada polo The New York Times. Conseguiuno en abril de 2006 ?coa obra The Secret Supper, (La cena secreta) acadando o número 6. Esta novela, que foi finalista do Premio Cidade de Torrevieja, editándose en 42 países e leva vendidos máis de tres millóns de exemplares, colocando ao escritor como o segundo escritor español contemporáneo máis traducido, tras Carlos Ruiz Zafón,  e por diante de Juan Gómez-Jurado.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Foi conselleiro da editorial da revista "Más allá de la Ciencia" e actualmente participa en diversos espazos radiofónicos e televisivos.

Foille outorgado o Premio Planeta 2017 pola súa obra " El fuego invisible".

Antonio Piñero Sanz

Catedrático de Filoloxía Grega da Universidade Complutense de Madrid, especializado en lingua e literatura do cristianismo primitivo.

É autor e escritor de numerosas obras no eido do cristianismo e xudaísmo. Xunto ao seu prestixio internacional coma investigador, destaca a súa faceta de comunicador, testemuñada por millóns de persoas, sobre todo pala paixón que transmite, outórganlle un fluír único a súa mensaxe.

Está considerado un académico experto de renome internacional en temas relacionados con mundo hebreo do século I e có Novo Testamento. Na súa obra de investigación destaca a obra “Los cristianismos derrotados” (2007, editorial Edaf, Madrid)  polo que acadou o Premio Finis Terrae, (primeiro premio de investigación), e en novela destaca a novela histórica, escrita conxuntamente con José Luís Corral: “El trono maldito”, (Planeta, 2014)

Alejandro Corral

Nado en Zaragoza, 1989, é licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Estudou nas universidades de Zaragoza e Gdansk, Polonia, e prepara o seu doutorado en torno á inversión social responsable. Tras traballar en diversas actividades culturais, debutou con forza no panorama literario con "El cielo de Nueva York" (Editorial Minotauro, 2015), unha novela que se move con habilidade entre o xénero negro e o fantástico. Un thriller de terror psicolóxico no que realidade e ficción conflúen xerando universos paralelos onde nada ni ninguén é o que parece.

Aínda que non é propiamente un escritor de novela histórica a súa presenza nestas xornadas está máis que xustificadas por dous motivos: Primeiro porque é exemplo de coma un escritor novel pódese facer oco e segundo porque estes talleres de apoio ao público con inquedanzas pola escritura xa é un especialista, dado que leva realizados un número considerable deles.

 


 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac