Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Festa dos Maios 2018
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Festa dos Maios 2018 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Abril 2018 11:56

Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. O carón  ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica. Na súa lembranza e para que se manteña esta manifestación da nosa cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de Maios artísticos, tradicionais e humanos, que se rexerá polas seguintes.



BASES:


.- Nesta concentración non competitiva poderán inscribirse, no Concello de Verín antes do 23 de abril, centros de ensino, institucións e asociacións culturais e sociais da comarca de Verín que estean rexistradas e que mantiveran actividades públicas despois da Festa dos Maios do 2017.

 

.- Os maios participantes colocaranse no Parque da Alameda, o día 1 de maio, nos lugares que o sorteo determine, das 10:00 h ata que a organización conclúa o acto.

 

.- Os maios artísticos e enxebres (a vestimenta dos humanos, se os houber, tamén), terán que ir recubertos na súa totalidade con elementos naturais (xestas, carrabouxos, flores, madeiras, etc). Os maios do alumnado de Educación Infantil, exteriormente, utilizarán materiais de refugallo.

 

.- Como axuda para as custas de montaxe do maio, a cada asociación que concorra á concentración e cumpra coas Bases entregaráselle 200 coplas. Como excepción, aos centros de ensino, polas características específicas das comunidades educativas, entregaráselle 25 coplas e unha cantidade en metálico de 175 €, que será de 250 euros se o centro presenta, ademais do maio artístico, tradicional ou humano, un maio feito por alumnado de Educación Infantil.

 

.- As coplas serán elaboradas polos grupos  participantes, segundo as directrices seguintes:

 

A.- A copla non terá menos de 16 estrofas de catro versos nin máis das que, nunha tipografía lexíbel, se poidan reproducir nun DIN A4 impreso a unha cara. Na redacción da copla aconséllase que as estrofas se agrupen segundo a súa temática.

 

B.- O texto entregarase dixitalizado na Casa do Concello antes das 12:00 h do mércores día 25 de abril.

 

C.- Os redactores responsabilizaranse da autoría do texto. O Concello, que non realizará ningunha revisión do texto previa á impresión, aconsella que se coide tanto a estrutura literaria como a corrección idiomática.

 

D.- Das coplas farase unha edición única e conxunta de todos os participantes con obxectivos culturais e sociais. Para a tratar de obter os fins sociais, as doazóns que se recaden no reparto de 500 exemplares destinaranse ao financiamento de programas de asistencia social da Cruz Vermella na nosa comarca.

 

.-A interpretación destas Bases, a admisión de inscritos e as decisións sobre calquera extremo non regulamentado son un dereito exclusivo do Concello de Verín.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac