Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 200 menores participaron en Verín na xornada formativa “A incrible historia da maxia” do Mago Teto
200 menores participaron en Verín na xornada formativa “A incrible historia da maxia” do Mago Teto PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Abril 2018 13:18

Esta mañá, 200 menores, pertencentes aos cursos carto e quinto de primaria dos CEIP María Inmaculada e Amaro Refojo, participaron na conferencia espectáculo do Mago Teto “A incrible historia da maxia”, apartado formativo incluído no marco do Festival de maxia de Ourense “Terra Máxica."

Por outra parte, mañá sábado 7 de abril, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín  acolle o espectáculo “Íntimo” do Mago Teto. Devandita actuación, enfocada para toda a familia, é o primeiro do tres espectáculos programados polo  Festival “Terra Máxica” para a vila de Verín.

O Mago Teto, a pesar da súa xuventude, é un dos magos máis veteranos e relevantes. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ?Tolemaxias? e “Perto de Ti”. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

ESPECTÁCULO “ÍNTIMO”

“Íntimo” é unha viaxe na procura da esencia da maxia. Alguén puxo no corazón do mago Teto a semente da maxia e a partires dese momento medrou nel un soño: O soño de ser mago. Para conseguir cumprir o seu soño o mago Teto tivo que estudar, preparase, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Compostela.

Onde estará a esencia da maxia? Se cadra na música, na pintura, na literatura… Se cadra, neste século XXI, a esencia da maxia estea na ciencia: na transformación da materia, na fusión ou na fisión nuclear, no Universo, ou, nas matemáticas: “a linguaxe do Universo” ¿Atopará o mago Teto a esencia da maxia? Para sabelo haberá que acompañalo na súa viaxe.

O Mago Teto é  un dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público.

 

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac