Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Código” do Mago Dani García segundo espectáculo de “Terra Máxica” en Verín
“Código” do Mago Dani García segundo espectáculo de “Terra Máxica” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Abril 2018 12:07

O domingo 15 de abril ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal  de Verín acolle o espectáculo “Código” do Mago Dani García. Devandita actuación, enfocada para toda a familia, é o segundo do tres espectáculos programados polo  Festival “Terra Máxica” na  vila de Verín.

CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes. O código lingüístico posibilítanos a comunicación. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro? Sería posible comunicarnos?

Acabado de chegar dalgún lugar, doutro tempo ou doutro modo de facer. Perdido no presente, así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. O que empeza sendo unha petición de axuda para comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.

Premios: 1º Premio Michigan Magic Day, o 2º Premio Close Up Contest IBM Rising de St. Louise ou o 2º Premio TAO M Texas. Desde que en 2004 Dani García fundara a súa propia compañía o prestixio do seu nome non deixou de medrar. Na actualidade Dani García compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos. Dani García recolleu así os froitos da súa formación nas diversas ramas da interpretación e da escena.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac