O sábado, 14 de abril, comeza en Verín as xornadas formativas “Multiplicación do Colmear: a cría de raíñas” organizado pola Agrupación Apícola de Galicia, en colaboración co Concello de Verín, e impartido por Javier Seijo, técnico da mesma.
O obxectivo deste curso teórico/práctico é realizar unha introdución á multiplicación e os mecanismos de reprodución nas colmeas e á produción de raíñas nai nas mesmas. A parte teórica se complementará cunha parte práctica na que os alumnos e alumnas realizarán varias xornadas de visita a un colmear da zona, acompañados sempre por un técnico da asociación.
Os asistentes ao curso coñecerán de primeira man temas como a morfoloxía da raíña, as matemáticas da reprodución do colmear e da abella ou os métodos de multiplicación, coa finalidade de dotarlles dos recursos técnicos suficientes, que lles permitan optimizar os seus colmeares, mellorar as colleitas e realizar unha mellora xenética de nais.
O curso, que ten prazas limitadas, constará dunha xornada teórica que será impartida o 14 de abril, de 10:00 a 14:00 horas, na Sala de Exposicións –Audiovisual- de Verín (Oficina de Turismo - rúa Irmáns La Salle s/n); e unha parte práctica, que se distribuirá en cinco ou seis xornadas (os días programaranse dependendo da climatoloxía) que terán lugar, ás 16:00 horas, nun apiario da zona.
Nota importante: a parte práctica ten un custo de 5 euros para socios e 10 euros para non socios. Para inscribirse ao taller ou ampliar información:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou Whatsapp 646788215
|