Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Música Solidaria en Verín a favor de Cáritas
Música Solidaria en Verín a favor de Cáritas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Abril 2018 10:18

O vindeiro sábado 21 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar o Concerto de Música Solidaria a favor de Cáritas Verín na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior de Verín.

O mesmo, organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, coa colaboración da Fundación Caja Rural de Zamora e o Concello de Verín, ten como obxectivo recadar fondos en favor de Cáritas Verín mediante a adquisición dunha entrada para acceder a este concerto (que se pode adquirir na propia Igrexa Parroquial desde as 18.30 horas da mesma xornada ou previamente nas igrexas Parroquial e Mercé e en mesas situadas en rúas da localidade por un prezo simbólico de dous euros). Os/as asistentes ao concerto tamén poderán realizar a súa doazón a través dunha urna que estará situada no interior do recinto.


Durante o concerto os/as músicos participantes interpretarán temas populares e clásicos como: Melodía en Re Maior (N. Paganini), Tango (Isaac Albéniz), Theme from “Superman” (John Williams), La forza del destino –Interlude- (Giussepe Verdi), Wild Cat Blues (Fast Waller & Clarence Thomas), Aria de “La reina de la noche” (W.A Mozart), New World Symphony (Antonio Dvrak) ou Muiñeira de Santo Amaro (Tradicional/Paulo Nogueira), entre outros.

Descarga aquí o programa completo 

 

 

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac