Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O pleno infantil de Verín interésase pola conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios
O pleno infantil de Verín interésase pola conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Abril 2018 13:53

Máis de 120 alumnos/as de Primaria e 1º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron esta mañá no Pleno Infantil, convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

Os valores e a conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios foron os eixos temáticos sobre os que versou a sesión plenaria. Durante a sesión, presidida polo alcalde, Gerardo Seoane, o  tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, e a concelleira de Cultura e Educación Emilia Somoza, os nenos e nenas formularon preguntas e propostas sobre estas temáticas e os proxectos que se están a levar a cabo en Verín.

Ao finalizar o evento, os/as menores tiveron a oportunidade de expoñerlle ao alcalde multitude de peticións variadas, tales como: implementar novos carrís bici, a construción dun spa, unha nova depuradora, un circuíto de karts, un centro comercial, máis aparcadoiros para camións ou unha sala de recreativos.

Gerardo Seoane explicou que esta sesión plenaria foi concibida polo  Concello  e os centros educativos coa finalidade de fomentar a conciencia ecolóxica nos máis pequenos.   “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un  método moi efectivo  para que os/as nenos/as lle transmítan aos seus pais e familiares este respecto  polo medio ambiente”.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac