Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil O Concello de Verín abre o prazo de inscrición da Ludoteca - Campamento urbano “Támega” - 2018
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición da Ludoteca - Campamento urbano “Támega” - 2018 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Maio 2018 16:30

Hoxe, mércores 2 de maio, ábrese o prazo de inscrición da  Ludoteca - Campamento urbano “Támega” para o ano 2018, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Este servizo, que busca cubrir o tempo vacacional dos/as menores, comeza o 25 de xuño e finaliza o 7 de setembro. O campamento urbano estará dispoñible en varios horarios, , de luns a venres, e con distribución por idades; ademais da contratación de persoal cualificado, fomentando o emprego xuvenil con nove monitores/as de tempo de lecer, doce  monitoras/es de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

Ao igual que o ano pasado, o Concello de Verín ofrece un abano de horarios e prezos.

PREZOS E HORARIOS:

HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS

 

 

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

133

163

METADE SERVIZO

67

97

QUINCENA

55

85

SEMANA

25

55

 

 HORARIO DE 8:15 A 14:30 HORAS

 

 

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

SERVIZO COMPLETO

159

189

METADE SERVIZO

80

110

QUINCENA

66

96

SEMANA

30

60

 

A Ludoteca de Verán – é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e o Campamento Urbano destinado a menores de 10 a 14 anos,  que se realizará nas instalacións dos CEIP Amaro Refoxo e Princesa de España; así como nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Salón de Actos.

Para os menores de 3 a 10 anos: animación á lectura e contacontos, piscina, novas tecnoloxías ou cine infantil, obradoiros medioambientais, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as. Celebrarase o San Fermín,  Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, actividades coa Cruz Vermella, Visita as Instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, día da froita, día da música, día da igualdade e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

Para os menores de 10 a 14 anos: acampadas nocturnas, informática, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo,  xogos de mesa, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, en bicicleta, ximcana por Verín…

As solicitudes deberán cubrirse na Oficina Municipal de Información  Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:00 a 14:30 horas, por orde de inscrición e pago ata cubrir 250 prazas.   Para máis información contactar no 988-414776.

 

 

 

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59