Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín organiza un programa formativo para coidadores non profesionais de persoas dependentes
O Concello de Verín organiza un programa formativo para coidadores non profesionais de persoas dependentes PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Maio 2018 10:42

O Departamento de Servicios Sociais (área maiores) do  Concello de Verín, en colaboración con Cruz Vermella Monterrei e a Deputación Provincial de Ourense, inician este mes de maio un programa formativo dirixido a coidadores/as non profesionais que de forma habitual teñan a persoas dependentes ao seu cargo.

Os principais obxectivos deste programa son: formar e orientar á figura do coidador non profesional sobre o labor de atención ás persoas dependentes e capacitalos das habilidades, estratexias e actitudes necesarias para o incremento da calidade de vida tanto deles mesmos como das persoas dependentes.

Este programa de charlas, que terá lugar no Salón de actos da Casa da Cultura, impartirase en varias fases, constando a primeira de catro sesións formativas.

 

  • 24 de maio (17:00 horas): Coidar ao que coida e Recursos dos que se dispoñen nos servizos sociais.
  • 31 de maio (17:00 horas):  Inmovilizaciones e Ergonomía.
  • 7 de xuño (11:00 horas): Alimentación, Hábitos intestinais, Incontinencia  urinaria e úlceras por presión.

  • 14 de xuño (17:00 horas): Hábitos de vida saudables e Primeiros auxilios.

 

Cada trimestre impartirase unha nova fase formativa deste ciclo de charlas ata completar o temario competo.

Esta acción formativa nace debido ás necesidades detectadas ao redor da figura do coidador non profesional, figura que vai en aumento debido á situación demográfica actual (aumento da esperanza de vida e diminución da taxa de natalidade).  Os   coidadores   non   profesionais   son,   na súa maioría, familiares da persoa dependente que dedican gran parte do seu tempo á atención e coidados da mesma. Todo isto esixe unha nova organización da vida laboral, familiar e social, o que na maioría dos casos xera un alto nivel de  stress. A  maior  parte  deste perfil de coidadores de persoas dependentes son  mulleres, que non reciben a penas axuda nin rotación coas súas outros familiares. Ademais, na maioría dos casos teñen un descoñecemento parcial ou total de como proceder correctamente nos coidados diarios da persoa dependente e nos seus propios.

Metodoloxía

• Impartiranse sesións formativas presenciais, nas cales se farán exposicións teóricas e prácticas, utilizando sempre en todo tipo de material necesario coa finalidade de que as situacións se asemellen o máis posible á realidade diaria dos coidadores.

• Propiciarase a intervención e participación dos asistentes, para que poidan expoñer as súas dúbidas e dificultades.


Información e  inscrición previa:

Servizos  Sociais comunitarios (área de  maiores): 988414776

Cruz  Vermella Monterrei: 988410978


TEMARIO COMPLETO

1. COIDAR AO QUE COIDA: SÍNDROME DO COIDADOR.

1.1. O coidador principal.

1.2. Problemas e solucións.

1.3. Actitude positiva do coidador.


2. HIXIENES DIARIA.

2.1. Baño completo.

2.2. Baño na bañeira.

2.3. Baño na cama (material, actuación).

2.4. Coidado da boca, pés, pelo.


3. ALIMENTACIÓN.


4. HÁBITOS INTESTINAIS.

4.1.  Estreñimiento,  laxantes,  enemas.

4.2. Diarrea, incontinencia fecal.


5. INCONTINENCIA  URINARIA.

5.1. Causas e clasificación.

5.2. Coidados básicos da sonda  vesical.

5.3. Infección  urinaria. Prevención.

5.4. Colectores de ouriños, cueiros


6. MEDICACIÓN.

6.1. Indicacións, advertencias e contraindicacións.

6.2 Uso responsable dos medicamentos.


7.  INMOVILIZACIÓN. EXERCICIOS.

7.1. Problemas presentados (músculo- esquelético,  urinarios,  gastrointestinales, respiratorios).

7.2. Actuacións relativas á inmobilidade (exercicios, cambios

posturales, coidados da pel, alimentos, etc..)

 

8. *ÚLCERAS POR PRESIÓN.

8.1. Factores  predisponentes.

8.2. Plan de prevención de  úlceras.

8.3. Curas das  úlceras por presión.


9. ACCIDENTES CEREBRO VASCULAR E ALZHEIMER.

9.1. Síntomas.

9.2. Necesidades e coidados.


10. ERGONOMÍA, MOBILIZACIÓNS E HIXIENE  POSTURAL.

10.1. Prevención de lesións e diminución da carga física nas mobilizacións de persoas dependentes para persoas coidadoras.

10.2. Nocións básicas de hixiene  postural para a realización das tarefas cotiás.

 

11. SERVIZOS, RECURSOS E AXUDAS SOCIAIS.

11.1.Rede de recursos e axudas sociais.


12. PRIMEIROS AUXILIOS.

13. VISIÓN DO COIDADOR NON PROFESIONAL.


14. PREPARARNOS PARA A ETAPA FINAL.

14.1. Cando o dependente xa non está.

14.2. Duelo.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac