Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 44 finalistas nos Certames Literarios do Día das Letras Galegas de Verín
44 finalistas nos Certames Literarios do Día das Letras Galegas de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Maio 2018 11:07

En total, corenta e catro alumnos e alumnas de seis colexios e institutos da comarca de Verín son finalistas no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, iniciativas que promove o Concello de Verín con motivo do Día das Letras Galegas. Os certames contan, un ano máis, coa colaboración de Gadis. Na Biblioteca Municipal, os días 11 e 16 de maio, terán lugar tamén dúas actividades dedicadas a escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2018.

Na gala, que se celebrará o vindeiro día 17 de maio, as 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín, recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O ámbito musical da gala corre a cargo este ano da Banda do Conservatorio de Música de Verín.

Os centros participantes este ano no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e no  Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron na modalidade de 5º e 6º de Primaria o CEIP Amaro Refojo, o CEIP Princesa de España e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada. O IES Castro de Baronceli, o IES Xesús Taboada Chivite, o Colexio Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario participaron nas modalidades de 1º e 2º e na de 3º e 4º de ESO.

Na fase de selección de centros, cada un dos colexios e institutos participantes escolleu, en cada un dos dous certames, un máximo de tres traballos en cada un dos tres niveis (Primaria e 1º e 2º de ESO). O Día das Letras Galegas faranse públicos os resultados da selección final e  todos os autores que foron seleccionados nos centros respectivos recibiran un lote de libros e un diploma acreditativo. Ademais, en cada un dos tres niveis, o traballo seleccionado como primeiro premio obterá 90 euros; o segundo, 60; e o terceiro, 30 euros. O Xurado Cualificador estará composto por membros con dereito a voz e voto,  que proporá a Concellería de Cultura e Educación do Concello de Verín, e por un secretario, con voz e sen voto, que representará á organización.

Á fase final do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez pasaron un total de 22 narracións, 3 en Primaria, 11 en 1º e 2º de ESO, e 8 en 3º e 4º de ESO. Finalistas do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro foron tamén 22 creacións en verso, 5 de Primaria, 10 de 1º e 2º de ESO, e 7 en 3º e 4º de ESO.

 Actividades dedicadas  a María Victoria Moreno na Biblioteca de Verín

A Biblioteca Municipal acollerá dúas actividades dedicadas a escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas 2018.

  • · Venres 11 maio: Mulleres e escrita: O amor polas palabras en María Victoria Moreno”, conferencia de Carme Adán.

Biblioteca de Verín ás 19:30h.

  • Mércores 16 maio: “María Victoria Moreno, contacontos e Manualidades

Biblioteca de Verín ás 18:00h.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac