O Concello de Verín busca familias de acollida para o programa 'Vacacións en Paz'

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas-inmigrante O Concello de Verín busca familias de acollida para o programa 'Vacacións en Paz'
O Concello de Verín busca familias de acollida para o programa 'Vacacións en Paz' PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Maio 2018 10:29

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín, en colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, participa un ano máis no programa de acollida temporal 'Vacacións en Paz', que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto. O Concello de Verín, que se fará cargo dos gastos de traslado dos menores acollidos, oferta dúas prazas de acollemento para familias residentes no noso termo municipal.

Verín ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 2004 ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e fillos, desfruten dunha estancia agradable baixo a supervisión e os coidados de familias  de acollida no noso concello. Trátase de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra, exclusión e incerteza geo-polítca,  unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de  España e o Pobo Saharauí.


Estes/as nenos/as naceron nos campamentos de refuxiados saharauís situados dende fai máis de corenta anos na zona da Hamada alxeriana en Tindouf, preto da fronteira alxeriano-Saharaui; é dicir, son fillos dos Saharauís que abandonaron os seus fogares ante a represión, invasión e ocupación ilegal por parte de Marrocos do territorio do antigo Sáhara español en 1975. A vida destes nenos, nados no exilio, transcorre nas mesmas circunstancias como o resto da poboación Saharauí, privada do máis elemental e sobrevive dificilmente grazas á axuda internacional.

Os obxectivos do programa son: trasladar a nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses de verán acollidos por familias galegas, reivindicar o dereito dos nenos e nenas saharauís a vivir no Sáhara Occidental e poñer de manifesto a situación na que actualmente viven, facilitar asistencia médica e de alimentación, promover -entre a sociedade galega- os valores de tolerancia e solidariedade facilitando así a convivencia e integración de todas as persoas na comunidade, perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelán e galega que estudan nos seus programas escolares e ofertar unha alternativa de ocio e tempo libre, Evitar a súa estancia nos campamentos durante os meses de xullo e agosto por teren as temperaturas máis altas (máis de 50º).

As familias interesadas en formalizar o acollemento e/ou ampliar información poden dirixirse o Departamento de Servizos  sociais do Concello de Verín, ubicado na Avda de Portugal n.º 11-bis. ( Casa da Xuventude) ou chamar ao teléfono 988-414776.


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59