Concerto didáctico en familia do Conservatorio de Verín no Auditorio Municipal

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concerto didáctico en familia do Conservatorio de Verín no Auditorio Municipal
Concerto didáctico en familia do Conservatorio de Verín no Auditorio Municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2018 13:11

O sábado día 26, ás 19:00 horas, profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda e a Banda do Conservatorio de Verín, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, presentarán os instrumentos que ofrece o centro.

O Conservatorio Elemental de Música de Verín forma en clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín a persoas que comecen estudos entre os 8 e os 14 anos.Para os de 7 anos ofrece un Curso de Fundamentos Musicais. Para os de 6, un Curso de Música para os máis pequenos.


Os concertos, que se celebrarán no Auditorio Municipal de Verín, teñen como obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín. A entrada será libre, ata completar aforo.

A inscrición para acceder á formación oficial (alumnado entre 8 e 14 anos) está aberta até o día 15 de xuño. Para informarse: Casa do Concello de Verín (Cultura, 1º andar).

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac