Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a presentación do libro “Eloy Luis André: Erudito Esquecido”
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a presentación do libro “Eloy Luis André: Erudito Esquecido” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xuño 2018 12:14

A partir de hoxe, 7 de xuño, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle unha exposición dedicada a D. Eloy Luís André. A inauguración terá lugar ás 19:30 horas nas propias instalacións da Biblioteca e terá como complemento a presentación do libro “Eloy Luís André: Erudito Esquecido”.



A presente publicación quere ser un complemento do ciclo de conferencias e da exposición realizadas na Biblioteca do Concello de Verín. Na medida do posible, pretende achegar algún dato novidoso atopado durante o período de investigación dos fondos das distintas entidades consultadas e tras o traballo de outros autores como D. Xesús Taboada Chivite; D. Gustavo Bueno Sánchez; D. Xosé Ramón García Soto; D. Ramón López Vázquez e D. Alberte Blanco Casal.


Esta publicación pretende rescatar a figura de D. Eloy do esquecemento, non obviar o motivo do mesmo e recoñecerlle o protagonismo que tivo dentro do panorama galego da historia das ideas.

 

D. Eloy Luís André.


A figura de D. Eloy é a dun enciclopedista: catedrático de Psicoloxía, Lóxica, Ética e rudimentos do dereito (tal era o nome da súa cátedra no Cardeal Cisneros), pero tamén Dr. en Filosofía e Letras, Psicoloxía, licenciado en Dereito, escritor, correspondente e articulista. Tradutor das obras W.M. Wundt (pai da psicoloxía experimental), R. Eucken (Premio Novel de literatura en 1908) e H. Höffding (filósofo danés, un dos grandes do pensamento da nosa época ao nivel de Wundt). Tamén foi sociólogo político, economista e orador.

Foi un convencido europeísta e xermanófilo, liberal, republicano, federalista e intelectual galeguista.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac