Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Casa da Cultura de Verín acolle a Conferencia de Clausura da exposición “Talla en madeira: Arte e Oficio”.
A Casa da Cultura de Verín acolle a Conferencia de Clausura da exposición “Talla en madeira: Arte e Oficio”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Xuño 2018 12:19

O vindeiro martes 12 de xuño, ás 18:30 horas, a Casa da Cultura de Verín acolle a Conferencia de Clausura da exposición “Talla en madeira: Arte e Oficio”. Dita conferencia contará cos seguintes relatorios:


  •     “Os procedementos de curvado en madeira: posibilidades e aplicacións básicas”. Estará impartida por Gerardo Fernández Fernández, Industrial da madeira de Verín.
  • “A talla en madeira: principios e procesos básicos”. Impartida por Xosé Lois Carreira López, mestre na Aula de Talla en madeira da Escola Municipal de Artes e Oficios de Verín.

 

A exposición “Talla en madeira: Arte e Oficio” , que presenta obras realizadas polo alumnado de Talla das Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín, poderase seguir visitando, ata o propio día 12 de xuño, na Sala de Exposicións de Verín.

Os traballos que se exhiben foron realizados nas clases desta especialidade artística ao longo do último curso 2017 - 2018. Trátase dunha exposición monográfica desta disciplina que recolle máis dunha trintena de esculturas de pequeno e gran formato.

A Sala de Exposicións de Verín abre de luns a venres, de 17:30 a 20:30 horas; e sábados, en horarios comprendidos entre as 10:00 e as 14:00 e  as 17:30 e as 20.00 horas.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac